Saltar ao contido

Manuel María Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel María Martínez
Biografía
Nacemento31 de decembro de 1891 Editar o valor en Wikidata
Baiona, España Editar o valor en Wikidata
Morte14 de novembro de 1975 Editar o valor en Wikidata (83 anos)
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Orde relixiosaOrde dos Predicadores Editar o valor en Wikidata

Manuel Silvestre Xosé Martínez González, nado en Baiona o 31 de decembro de 1891[1] e finado o 14 de novembro de 1975, foi un relixioso galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo do mariñeiro Xosé Martínez e de Xosefa González. En maio de 1909 ingresou no Colexio de San Xoán Bautista da Orde dos Predicadores de Corias, en Asturias, facendo un ano máis tarde a Profesión Simple e a Profesión Solemne en 1913 no convento de Santo Estevo de Salamanca. En 1915 ordenouse presbítero, e tras finar os estudos de Teoloxía no 1918 foi destinado ao Convento da Nosa Señora das Caldas de Besaya, permanecendo no mesmo dous anos.

En 1928 foi ao mosteiro de San Xosé de Padrón, dedicándose á prédica e demais ministerios sagrados. Comezou a interesarse en Bartolomé de Las Casas, amosando ao ano seguinte a súa primeira comunicación sobre esta persoa no Congreso de Historia Hispano-Americana celebrado en Sevilla. En 1930 trasladouse ao Convento da Nosa Señora de Atocha de Madrid. Despois estivo catro anos en Centroamérica como misioneiro. Ao regreso ao convento de Atocha, exerce as funcións de organista, ao tempo que publica dous artigos sobre o Padre Las Casas na revista Ciencia Tomista cos títulos "Las Casas Historiador" e "Valor Histórico de la Brevísima Relación de la Destrucción de las Indias", e intervén no XXVI Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Sevilla no ano 1935.

Na guerra civil española os milicianos invadiron o Convento, do que logra fuxir a refuxiarse no Hotel Laris de Madrid. Alí coincide co Secretario da Legación de Guatemala, que coñecera na época da súa estanza en Centroamérica, que lle procurou un documento que o facía empregado da Legación de Guatemala, o que lle permitiu a libre circulación por Madrid. Tamén coñece e abrangueu unha grande amizade co Secretario da Embajada de Cuba, José María Chacón Calvo, e co cónsul do devandito país, e así, poder axudar a moita xente, chegando incluso, a obter pasaportes estranxeiros, salvando a vida a varias persoas. Unha delas foi o Padre Manuel Suárez, que logo chegou a ser Mestre Xeral dos Dominicos, para o que acadou do Cónsul de Cuba un pasaporte cubano.

En outubro de 1937 fuxiu cara a Francia, pasando por Valencia e Barcelona (onde permaneceu do 19 de decembro ao 13 de xaneiro de 1938) antes de chegar a Marsella e París. En febreiro regresa a España, á zona ocupada polas tropas nacionais, acolléndose no Convento de San Paulo de Valladolid. Dende alí pasou en varias ocasións á zona republicana, axudando a outras persoas.

Entre 1939 e 1959 estivo nos Conventos de San Paulo de Valladolid, Santo Estevo de Salamanca, San Xosé de Padrón e posteriormente en Santo Tomé de Aquino da rúa Cañizares de Madrid. Máis tarde pasou a ser capelán das Madres Dominicas de Casalarreina-Logroño e o seu derradeiro acougo foi no Convento de Santo Domingo de Caleruega-Burgos, para dedicarse na súa vellez dunha maneira exclusiva, a oración e ao estudo.

Finou por mor dun cancro de pulmón.

  • Fray Bartolomé de las Casas “El Gran Calumniado” (1955).
  • Fray Bartolomé de las Casas “Padre de America” (1958).
  1. A súa acta de nacemento recolle que naceu o 2 de xaneiro. Porén, segundo as actas do Capitulo Provincial da Provincia de España da Orde dos Predicadores, celebrado no Convento da Virxe do Camiño de León entre o 2 e o 27 de xullo de 1978, enténdese que naceu o 31 de decembro de 1891, día de san Silvestre, o que xustificaría o segundo nome. Isto xustificaríase co feito de que se daban uns días de marxe para facer o rexistro, que se postergou quizais pola celebración do aninovo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Actas del Capitulo Provincial de la Provincia de España de la Orden de Predicadores celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al 27 de julio de 1978
  • XXVI Congreso Internacional de Americanistas (1936)