Manuel Mejuto González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de abril de 1965 (59 anos) La Felguera, España |
Altura | 182 cm |
Actividade | |
Ocupación | árbitro de fútbol, funcionario |
Período de actividade | 1995 - |
Deporte | fútbol |
Premios | |
Manuel Enrique Mejuto González, nado en La Felguera (Langreu, Asturias) o 16 de abril de 1965, é un ex-árbitro de fútbol español. Foi árbitro da Primeira División entre 1995 e 2010 e tamén da FIFA desde 1999, sendo o árbitro español con máis partidos internacionais pitados.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Asturias, sendo fillo de dous galegos. Seu pai, natural de Melide, morreu cando el era pequeno, polo que o criou súa nai, nacida en Sobrado dos Monxes.[2][3]
De profesión é funcionario de correos. Comezou arbitrando nas categorías inferiores do fútbol asturiano. En 1993 recibiu o Chifre de Ouro pola súa actuación en Segunda B. Ao ano seguinte debutou en Segunda División, categoría na que só pasou un ano xa que ao seguinte ascendeu a Primeira. O seu debut produciuse o 16 de setembro de 1995 nun Real Valladolid-SD Compostela, con resultado final de empate a cero.
Entre os seus maiores logros está o arbitrar a final da Liga de Campións 2004-2005 entre o Liverpool FC e o AC Milán ou a final da Copa do Rei 2001/02, coñecida como a do "Centenariazo" entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña. En 2006 estaba previsto que fose o árbitro representante de España na Copa Mundial de Alemaña 2006, pero a FIFA non considerou óptimo o estado físico dos seus asistentes, e no seu lugar acudiu ao torneo Medina Cantalejo.
As tempadas 2006/07 e 2007/08 foi o árbitro con mellor cualificación da Primeira División segundo a clasificación elaborada polo Comité Técnico de Árbitros, organismo oficial da Real Federación Española de Fútbol.[4] Foi o árbitro español que dirixiu partidos na Eurocopa 2008 xunto aos seus asistentes. En devandita competición, no partido entre Alemaña e Austria, expulsou a ambos os adestradores á vez, Joachim Löw e Josef Hickersberger por unha discusión que tiveron ambos co cuarto árbitro.
En 2009 converteuse no árbitro español con máis partidos pitados internacionalmente, e igualou a marca de partidos en España de Daniel María Zariquiegui. O 15 de maio de 2010 pitaba o seu último partido ligueiro, no encontro que enfrontou ao Athletic Club e o Deportivo da Coruña en San Mamés. Nun partido de peche de tempada sen nada en xogo, as protagonistas foron as despedidas do propio colexiado, e dos xogadores Joseba Etxeberria e Armando Riveiro. En 2010 retirouse da arbitraxe profesional pitando a final da Copa do Rei entre Atlético de Madrid e Sevilla FC disputada no Camp Nou que se saldou coa vitoria do equipo sevillano cun resultado de 0-2.
Premios
[editar | editar a fonte]- Trofeo Guruceta (3): 2001–02, 2002–03, 2003–04.
- Premio Don Balón (5): 1996–97, 1998–99, 2002–03, 2005–06, 2007–08.
- Chifre de ouro de Primeira División (1): 2004.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "La Nueva España - Diario Independiente de Asturias - Cuencas - Mejuto, un árbitro de récord".
- ↑ Alonso, Paulo (23 de xullo de 2004). "«Sobrevives si soportas la presión»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021.
- ↑ R. Goya, Mónica (13 de agosto de 2008). "«Antes la jira se vivía en familia; ahora la gente mayor casi no va»" (en castelán). Consultado o 18 de febreiro de 2021.
- ↑ Sport - Ontanaya e Lizondo baixan a Segunda; Mejuto, o mellor
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Perfil do árbitro en weltfussball.de (en alemán).
- Perfil do árbitro en BDFutbol (en castelán).