Manuel Montero Galvache
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 ![]() San Fernando, España ![]() |
Morte | 15 de xaneiro de 1983 ![]() Córdoba, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | militar ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia | |
Irmáns | Francisco Montero Galvache ![]() |
Manuel Montero Galvache, nado en San Fernando en 1903 e finado en Córdoba o 15 de xaneiro de 1983, foi un militar español.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Nado nunha familia de militares e gardas civís. Garda civil, logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na represión contra a guerrilla en Andalucía e Estremadura, polo que foi ascendido a capitán en 1946. Ascendido a comandante, foi nomeado xefe do Sector Interprovincial da Garda Civil de Lalín dedicado á persecución e eliminación da guerrilla antifranquista en 1948. Recibiu a felicitación pública dos concellos de Lalín e Silleda e o de Vila de Cruces solicitou para el a Cruz de Beneficencia en 1950. En xuño dese ano estaba programada e anunciada unha homenaxe pública que non chegou a materializarse. Permaneceu no posto ata 1952. Xa tenente coronel, foi destinado á xefatura da comandancia de Áraba, e en 1957 pasou a mandar a de Ciudad Real.