Manuel Muíño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido valor descoñecido |
Alcalde de Zas | |
2007 – | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Lugar de traballo | Zas |
Ocupación | político , psicólogo |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua galega |
Manuel Muíño Espasandín é un político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Psicólogo de profesión[1], entrou na política municipal do concello de Zas como cabeza de lista da Agrupación de Electores Río Grande-Zas nas eleccións locais do ano 1995, nas que foi elixido concelleiro. Nas seguintes eleccións municipais do 1999 volveu ser elixido concelleiro desta vez como candidato do BNG, sendo reelixido nas eleccións municipais do 2003. O aumento de votos acadado polo BNG nas eleccións locais do ano 2007 permitiulle ser elixido alcalde de Zas co apoio de Terra Galega con quen asinou un pacto de goberno. En 2008[2] foi elixido presidente[3] do GDR da Costa da Morte. Tanto nas eleccións municipais de 2011 coma nas do 2015 foi elixido outra vez alcalde de Zas ao obter a lista do BNG a maioría absoluta. Foi deputado provincial de 2015 a 2019. Nas eleccións municipais de 2019 e 2023 volveu acadar a alcaldía con maioría absoluta.[4]
Predecesor: Ernesto Rieiro Oreiro |
Alcalde de Zas 2007 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Manuel Muíño Espasandín: "El Ayuntamiento tiene que recuperar las Torres do Allo" Arquivado 23 de decembro de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 23/06/2007 (en castelán).
- ↑ Manuel Muíño apuesta por la unión en Costa da Morte Arquivado 23 de decembro de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego, 11/08/2008 (en castelán).
- ↑ Páxina web do GDR Costa da Morte Arquivado 22 de novembro de 2015 en Wayback Machine. Consultado o 15/12/2015.
- ↑ "Manuel Muíño inicia su quinto mandato en Zas anunciando que “gobernaremos para todos”". Diario de Bergantiños (en castelán). Consultado o 2023-06-21.