Manuel Núñez González
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1885 Vilardevós, España |
Morte | 13 de febreiro de 1917 (31 anos) Vilardevós, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor, rexistrador da propiedade, autor |
Membro de | |
Manuel Núñez González, nado en Vilardevós o 5 de agosto de 1885 e finado no mesmo concello o 13 de febreiro de 1917[1], foi un rexistrador e poeta galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fixo o Bacharelato en Ourense, onde foi alumno de Marcelo Macías. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, e nesa época militou no Partido Liberal Fusionista canda a Eugenio Montero Ríos. Fixo oposicións como rexistrador da propiedade, e logrou a praza en La Almunia de Doña Godina, na provincia de Zaragoza, e logo de pedir o traslado foi destinado a Vilalba.
Publicou algúns poemas como "Alborada", "Os amores da terriña" e "Aurora" (asinados ás veces co pseudónimo Ma-Nu-Gon) na publicación O Tio Marcos d'a Portela e a lenda A namorada cautiva na revista O Galiciano (que despois recolleu en Salaios).
Ingresou como membro da Compañía de Xesús, e escribiu en castelán poemas místicos. Tivo que abandonala antes de pronunciar os votos definitivos a causa dunha grave enfermidade que lle causou a morte. Foi elixido membro de número da Real Academia Galega pero non chegou a ler o seu discurso de ingreso, La compañía gallega[2].
É tamén autor do folleto "Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX", escrito contra un político da comarca de Verín e publicado en Portugal. Como narrador publicou "O muíño dos tíos Mariquiñas. Conto” en O Tio Marcos d'a Portela. Colaborou en La Opinión de Verín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ José Enrique Moreno del Castillo (13/02/2017). "Centenario de Manuel Núñez González". La Región (en castelán).
- ↑ Núñez González, M. (2014). La Compañía Gallega. A Coruña: Real Academia Galega.
Obras
[editar | editar a fonte]- Salaios. Versos gallegos, 1895.
- La poesía popular gallega, 1894.
- Efusivas, 1908
- Manojo de iniquidades o un feudal del siglo XIX.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Centro Ramón Piñeiro, ed. (2003). Narradores ocasionais do século XIX (Relato breve) (PDF). Santiago de Compostela. pp. 267–268. ISBN 84-453-3736-X. Consultado o 12 de novembro de 2013.
- Núñez González, M. (1998): Salayos e outros poemas. Edición de Amelia Rodrigues Esteves e Luís Alonso Girgado. Santiago de Compostela: Centro Ramón Piñeiro.