Saltar ao contido

Manuel Novo López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Novo López
Biografía
Nacemento13 de outubro de 1895 Editar o valor en Wikidata
Moreda, España Editar o valor en Wikidata
Morte23 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Seoane do Courel, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Folgoso do Courel
18 de marzo de 1936 – xullo de 1936 (destitución) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, industrial Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 2496

Manuel Novo López, nado en Moreda (Seoane do Courel) o 13 de outubro de 1895 e finado en Seoane do Courel o 23 de xaneiro de 1974, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Militante de Unión Republicana, da que foi tesoureiro en Seoane do Courel en 1935. Logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Folgoso do Courel o 18 de marzo.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado.[2] Estivo fuxido, agochado na súa casa de Moreda. Foi detido o 29 de abril de 1939 con Antonio Aira Domínguez e Manuel Rodríguez Pombo, e internado no cárcere de Monforte de Lemos. Pasou ao cárcere de Lugo o 5 de maio e foi xulgado en Lugo o 23 de novembro por auxilio á rebelión na causa 1004/36 xunto con Manuel Rodríguez Valcárcel,[3] e condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en marzo de 1940.[4] Cumpriu condena na Prisión do Balneario de Lugo. Saíu en liberdade condicional o 13 de xullo de 1941. Finou en Seoane do Courel o 23 de xaneiro de 1974.[5]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ángela López Díaz. Foi tío e padriño de Uxío Novoneyra.[6]

  1. BOP Lugo, 6-8-1936, p. 2.
  2. El Pueblo Gallego, 7-10-1936, p. 11.
  3. El Progreso, 25-11-1939, p. 2.
  4. BOE, 23-3-1949, p. 1532.
  5. Necrolóxica El Progreso, 24-1-1974, p. 7.
  6. Fernández (2022), p. 14

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fernández, Eliseo (2022). "A guerrilla no courel: unha primeira achega". En Rodríguez Gutiérrez, Alejandro; Martínez Panizo, Laura. Federación de guerrillas de León-Galicia. Santiago de Compostela: Edicións Positivas. pp. 11–20. ISBN 978-84-126233-9-0. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]


Predecesor:
?
 
Alcalde de Folgoso do Courel
 
1936
Sucesor:
?