Manuel Oliveira Blanco
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1911 Vigo, España |
Morte | 5 de xaneiro de 1976 (64 anos) |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Oliveira.
Manuel Oliveira Blanco, nado no barrio do Sobreiro no daquela concello de Lavadores (actual Vigo)[1], o 11 de novembro de 1911 e finado o 5 de xaneiro de 1976, foi un gaiteiro galego.
Primeiro foi compoñente do grupo Airiños de Cabral xunto o tamén gaiteiro Constante Moreda. Ao finar este en 1936, xuntaríase co seu irmán Xosé Oliveira Blanco dando lugar aos célebres gaiteiros Os Morenos de Lavadores.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xesús Giráldez Rivero (2007). O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica. Pontevedra: Deputación de Pontevedra. ISBN 978-84-8457-281-1.