Manuel Pérez Goyanes
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1901 ![]() Monforte de Lemos, España ![]() |
Morte | 3 de outubro de 1941 ![]() Monforte de Lemos, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | ferroviário (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua galega e lingua castelá ![]() |
Manuel Pérez Goyanes, nado en Monforte de Lemos o 13 de novembro de 1901 e finado no mesmo concello o 3 de outubro de 1941, foi un ferroviario galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Cándido Pérez Higuera, garda civil, e Dolores Goyanes González. Factor ferroviario. Foi trasladado á estación de Monforte de Lemos en xaneiro de 1935.[1] Acusado dunha sabotaxe ferroviaria na estación de Monforte de Lemos que non causou vítimas, foi xulgado na Causa 639/1941 por un delito contra a seguridade do Estado xunto Manuel Valcárcel Castro. Manuel Valcárcel foi absolto e Manuel Pérez foi condenado a morte. Foi fusilado no Campo do Freixo de Monforte de Lemos o 3 de outubro de 1941.[2][3][4]
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou na Coruña con Filomena Boado González en 1929.[5]