Saltar ao contido

Manuel Pérez Troncoso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Pérez Troncoso
Biografía
Nacementoc. 1892 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 1967 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Salceda de Caselas, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 371

Manuel Pérez Troncoso, nado en Lugo cara a 1892 e finado en Salceda de Caselas o 10 de novembro de 1967, foi un xornalista e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Membro da Federación Agraria de Salceda de Caselas, perseguido polo caciquismo, foi xulgado en consello de guerra celebrado en Tui o 21 de xaneiro de 1918 e absolto.[1] Froito desa persecución sufriu varios procesos xudiciais.[2] Correspondende de El Tea en Salceda de Caselas a finais dos anos dez, cando o periódico foi suspendido dirixiu El Agro Celta en 1926, e cando volveu editarse El Tea continuou como director. Administrador de arbitrios do concello de Pontevedra. Militante de Izquierda Republicana, foi elixido vicepresidente do Consello Provincial de Pontevedra en xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo e destituído do seu posto no Concello. Xulgado en Pontevedra por rebelión militar, a súa causa foi sobresida provisionalmente. Reingresou ao seu posto no Concello de Pontevedra en 1949.[3] Finou en Salceda de Caselas o 10 de novembro de 1967.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou en Pontevedra con Delia Marcelina Queimadelos Barros, de Arantei, en 1921.[5]

  1. El Tea, 15-3-1918, p. 1.
  2. "Otro proceso", El Tea, 26-6-1920, p. 2-3.
  3. El Ideal Gallego, 1-12-1949, p. 6.
  4. El Pueblo Gallego, 16-11-1967, p. 14.
  5. El Tea, 3-3-1921, p. 3.