Manuel Paradela Barros
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Vilaboa, España ![]() |
Morte | 28 de febreiro de 1951 ![]() Filgueira de Barranca, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia ![]() |
Manuel Paradela Barros, coñecido como Coxo, nado en Vilaboa (Rutis, Culleredo) e finado en Filgueira de Barranca (Oza-Cesuras) o 28 de febreiro de 1951, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Tiña un pé equino e levaba zapato ortopédico. Incorporouse á guerrilla en 1948. Debido aos problemas de mobilidade que padecía, encargábase de confeccionar propaganda no Eume. Morreu nun enfrontamento coa Garda Civil en Filgueira de Barranca o 28 de febreiro de 1951 xunto con Valentín Fernández González que levaba documentación falsa a nome de José García Castelo. Foron sotellados no cemiterio de Filgueira de Barranca.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Martínez, Lupe (2023). Guerrilleir@s antifranquistas da provincia da Coruña. Vigo: Galaxia. pp. 314–316. ISBN 978-84-1176-172-7.</ref>