Manolo Paz
Aparencia
(Redirección desde «Manuel Paz Mouta»)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Paz.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1957 (66/67 anos) Castrelo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Mestre Mateo |
Actividade | |
Ocupación | escultor , canteiro |
Membro de | |
Alumnos | Xesús Méndez Padín, Carlos Rial e Antonio Rosales |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
Manolo Paz Mouta, nado en Castrelo, Cambados en 1957, é un escultor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela e foi mestre na Escola de Canteiros de Poio. De oficio canteiro, nas súas obras traballa mormente o granito galego. Os seus traballos reflicten unha conciencia antropolóxica, que aparece definida na pedra. Á súa vez mostran un paganismo lírico e telúrico propio das vellas culturas, que posteriormente se trasladou ó románico e barroco galego.
No ano 2011 foi nomeado académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes na sección de escultura.
Premios
[editar | editar a fonte]Recibiu o Premio Cultura Galega das Artes Plásticas en 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Manolo Paz |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pintores e Escultores Galegos na EXPO 92. Xunta de Galicia.
- Dicionario biográfico de Galicia. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- "Paz Mouta, Manuel". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Artistas Escultores. VI Expresionismos-Abstraccións. Nova Galicia Edicións. ISBN 978-84-96070-87-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |