Manuel Pedregal Luege
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de outubro de 1875 ![]() Villaviciosa, España ![]() |
Morte | 13 de abril de 1936 ![]() Madrid, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | maxistrado ![]() |
Manuel Pedregal Luege (tamén escrito o segundo apelido como Lueje), nado en Villaviciosa, Asturias sobre 1876 e finado en Madrid o 13 de abril de 1936, foi un xuíz e maxistrado español. Morreu en Madrid vítima dun atentado terrorista obra de pistoleiros de Falange Española de las JONS.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo a súa licenciatura en Dereito pola Universidade de Oviedo en 1902, sendo remitido o documento a Villaviciosa.[1] Presidente de Sala da Audiencia provincial de Valladolid, o 10 de xullo de 1931 é nomeado maxistrado da Audiencia Provincial de Madrid por xubilación de Julio de Torres Gisbert.[2] Máis tarde foi nomeado maxistrado do Tribunal Supremo. Tralo atentado ao deputado socialista Luis Jiménez de Asúa, perpetrado o 12 de marzo de 1936, estivo á fronte da instrución xudicial. Ademais, con anterioridade, sentenciou a un xove falanxista a unha longa condena polo asasinato dun vendedor de xornais de ideoloxía socialista.[3]
Pedregal morreu vítima dun atentado terrorista o 13 de abril de 1936, cando se desprazaba polo Paseo de Luchana, esquina á rúa Covarrubias, de Madrid.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En Grau deuselle o nome do maxistrado ao Parque Manuel Pedregal.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Luisa Candás, que recibiu unha pensión de 19.000 pesetas anuais tralo asasinato do seu home.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Oviedo". El Progreso de Asturias. 22-3-1902. p. 2. Consultado o 10-3-2024.
- ↑ "Decretos" (PDF). Gaceta de Madrid (303). 11-7-1931. p. 303. Consultado o 20-3-2023.
- ↑ Galbe Loshuertos, José Luis (2011). La Justicia de la República. Madrid: Marcial Pons Historia. p. 141.
- ↑ "Decreto" (PDF). Gaceta de Madrid (121). 30-4-1936. p. 893. Consultado o 18-3-2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Ellwood, Sheelagh (2001). Historia de la Falange Española. Barcelona: Editorial Crítica. ISBN 9788484322023.
- Gallego, Ferrán; Morente (eds.), Francisco (2005). Fascismo en España. Barcelona: El Viejo Topo. ISBN 84-96356-32-9.
- Gibson, Ian (2008). En busca de José Antonio. Madrid: Editorial Aguilar. ISBN 978-84-03-09900-5.
- Gil Pecharromán, Julio (1996). José Antonio. Retrato de un visionario. Madrid: Ediciones Temas de hoy. ISBN 84-7880-692-X.
- González Calleja, Eduardo (2011). Contrarrevolucionarios: Radicalización violenta de las derechas durante la Segunda República, 1931-1936. Alianza Editorial. ISBN 978-84-206-6455-2.