Saltar ao contido

Manuel Pedreira Pazos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Pedreira Pazos
Biografía
Nacemento20 de marzo de 1891 Editar o valor en Wikidata
Celas, España Editar o valor en Wikidata
Morte4 de setembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Pedreira Rumbo, Demófilo Pedreira Rumbo Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 7375

Manuel Pedreira Pazos, nado en Celas (Culleredo) o 20 de marzo de 1891 e finado en Pontevedra o 4 de setembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Mestre, en 1914 foi destinado á escola de Altos de Aranga (Aranga), ao ano seguinte a Cardeiro (Boimorto), e en 1916 a Soandres (A Laracha), onde permaneceu ata 1922, que pasou a Cortegada (Sarreaus). Na ditadura de Primo de Rivera fíxose cargo da escola da súa parroquia natal Celas e foi directivo da Sociedade Pro-Cultura de Celas de Peiro. En decembro de 1928 foi destinado á escola da Ucha (Poio). Afiliado a FTE-UGT e ao PSOE, foi secretario da Agrupación Socialista de Pontevedra en 1931. Formou parte da loxa masónica Helenes nº 7 de Pontevedra. Tamén publicou algunha colaboración en El Progreso.[1] En 1935 permutou a escola de Poio pola de Meavía (Forcarei). Foi moi activo como orador na comarca de Tabeirós - Terra de Montes nos anos finais da República.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido de emprego e soldo. Foi asasinado ao aplicárselle a “lei de fugas” fóra de Pontevedra o 4 de setembro de 1936.[2] En outubro de 1937 foi separado do servizo e dado de baixa na escala.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Rumbo e foi pai de Manuel, Demófilo e Benito Pedreira Rumbo.

  1. El Progreso, 11-8-1929, p. 7.
  2. Castro, Xosé Álvarez (28 de xullo de 2011). "Pontevedra nos anos do medo: Paseados... (2)". Pontevedra nos anos do medo. Consultado o 2024-09-12. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]