Manuel Porto Casás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1899 ![]() O Carril, España ![]() |
Morte | 12 de agosto de 1968 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, xornalista, político ![]() |
Familia | |
Pai | Francisco Porto Rey ![]() |
Irmáns | Ramón Porto Casás ![]() |
Manuel Porto Casás, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) cara a 1899 e finado na Coruña o 12 de agosto de 1968, foi un funcionario, xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Francisco Porto Rey. Colaborou en A Nosa Terra, Galicia Nueva e La Voz de la Verdad. Funcionario interino do Concello de Vilagarcía de Arousa, en maio de 1931 participou na constitución da Agrupación nacionalista de Vilagarcía de Arousa que presidiu Xosé Núñez Búa,[1] en 1932 foi elixido secretario do Partido Republicano Gallego de Vilagarcía de Arousa,[2] e volveu ser elixido secretario en xaneiro de 1933.[3] Aprobou os exames de secretario de xulgado municipal en maio de 1935,[4] e foi nomeado secretario do xulgado municipal de Santibáñez de la Peña (Palencia) en novembro dese ano.[5] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi apresado polos franquistas pola súa militancia galeguista. Logo da guerra civil estivo destinado en Cerceda e colaborou en El Ideal Gallego e La Voz de Galicia. Finou na Coruña o 12 de agosto de 1968 con 69 anos.[6]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Camila Sánchez García nos anos vinte, e foi pai de Aida Porto Sánchez, que finou en Cerdeda en novembro de 1948 con 20 anos.[7]