Manuel Ramos Escariz
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Ramos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de marzo de 1912 Santiago de Compostela, España |
Morte | 29 de outubro de 1937 (25 anos) Grandas de Salime, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, militar |
Membro de | |
Manuel Ramos Escariz, nado en Santiago de Compostela o 28 de marzo de 1912 e finado en Grandas de Salime o 29 de outubro de 1937, foi un sindicalista e militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Veciño de Cariño, foi militante do Sindicato de Industria Pesquera da CNT de Cariño en 1936. Participou na resistencia en Cariño ata o 23 de xullo, cando escapou no vapor Arkale con dirección a Francia, xunto aos cadros máis destacados da CNT de Cariño. En Asturias participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica e enrolouse no Batallón Galicia, do que foi elixido Comisario político da 4º Compañía. Foi fusilado en Grandas de Salime o 29 de outubro de 1937.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- El Batallón Galicia nº 19 Arquivado 13 de agosto de 2012 en Wayback Machine.