Manuel Resumil Aragunde
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1905 (119/120 anos) Cornazo, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, avogado, xornalista |
Manuel Resumil Aragunde, nado en Cornazo (Vilagarcía de Arousa) en 1905, foi un avogado, xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou á República Dominicana en 1922. Licenciouse en Dereito. Colaborou en Galicia Nueva. Secretario de Falange Española na República Dominicana durante a guerra civil española, colaborou no semanario Amanecer, editado polos falanxistas en Ciudad Trujillo en 1938. Nacionalizado dominicano, foi amigo e colaborador de Rafael Leónidas Trujillo, foi presidente da Cámara Oficial de Comercio, Agricultura e Industria do distrito de Ciudad Trujillo (1940-1954), representante da República Dominicana en distintos Comités da ONU e Secretario de Estado de Industria, Comercio e Banca (1955-1956).
Obras
[editar | editar a fonte]- Alejandro el Grande. Comedia en tres actos, 1925.
- El Estado como agente activo de la industrialización de la República Dominicana, 1959.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xornalistas na historia de Vilagarcía de Arousa Arquivado 11 de novembro de 2016 en Wayback Machine.