Manuel Rodríguez Doval
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1958 (65/66 anos) |
Alcalde de Ares | |
1987 – 1991 ← Rosa Miguélez – José Vilasánchez Pazos → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Manuel Rodríguez Doval, nado en 1958, é un músico e político galego do BNG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Técnico especialista delineante. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura do BNG á alcaldía de Ares. Nas municipais de 1987 volveu encabezar a candidatura do BNG e resultou elixido alcalde nunha votación secreta na que obtivo 6 votos (3 do BNG e outros 3 de Alianza Popular). Os populares votaron a Doval para impedir que volvera gobernar Rosa Miguélez do PSdeG-PSOE, que era a candidatura máis votada. Gobernou en minoría entre 1987 e 1991. Foi tenente de alcalde no goberno de coalición co PSdeG (1995-1999). Foi tamén Deputado Provincial e portavoz do BNG na deputación entre 1987 e 2003, así como responsable da área municipal do BNG.
En 2010 anunciou que non volvería presentarse como candidato e foi substituído por Emilio Mesías.
Predecesor: Rosa Miguélez |
Alcalde de Ares 1987 - 1991 |
Sucesor: José Vilasánchez Pazos |