Manuel Sánchez Arcas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1897 ![]() Madrid, España ![]() |
Morte | 1970 ![]() Berlín, Alemaña ![]() |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto ![]() |
Membro de | |
![]() |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/40/PlazaDeAbastos.jpg/250px-PlazaDeAbastos.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Edificio_Rockefeller_Madrid.jpg/200px-Edificio_Rockefeller_Madrid.jpg)
Manuel Sánchez Arcas, nado en Madrid en 1897 e finado en Berlín en 1970, foi un arquitecto e urbanista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Obtivo o título de arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid en 1921. Ampliou os seus estudos en Londres e traballou con Secundino Zuazo. Con Eduardo Torroja fundou o Instituto Técnico de la Construcción y Edificación (actualmente Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja).
Trala Guerra civil española tivo que exiliarse en Rusia e Polonia onde traballou nos proxectos de reconstrución de Varsovia. Máis tarde trasladouse a Berlín, na República Democrática de Alemaña, onde faleceu.
Obras destacadas
[editar | editar a fonte]- Gañou o concurso para levar a cabo o Hospital Provincial de Toledo (1926-1931), e o concurso para construír o Instituto Nacional de Física y Química da Fundación Rockefeller (o chamado Edificio Rockefeller, 1927-1932), ámbolos dous xunto a Luis Lacasa.
- Entre 1932 e 1936 proxectou e realizou o Pabellón de Gobierno, a Central Térmica da Cidade Universitaria de Madrid e o Hospital Clínico Universitario San Carlos da Cidade Universitaria de Madrid, obras en colaboración co enxeñeiro Eduardo Torroja, co que tamén colaborou no Mercado de Abastos de Alxeciras (1933-35).
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Arquitectura de España de 1932 xunto a Eduardo Torroja polo proxecto da Central Térmica da Cidade Universitaria.