Saltar ao contido

Manuel Santos León

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Santos León
Biografía
Nacemento15 de novembro de 1912 Editar o valor en Wikidata (112 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, axente penitenciario Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa


Manuel Santos León, máis coñecido como Ferrón, nado en Santiago de Compostela o 15 de novembro de 1912, foi un futbolista galego, que xogaba de defensa.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou xogando no CD Español de Santiago,[1] pasando logo ao Compostela, co que competiu na Serie C do Campionato Galego, e co que logrou o ascenso á Serie B na tempada 1929/30.[2][3] Na seguinte tempada xogou co Español na Serie B e en xullo de 1931 volveu fichar polo Compostela xunto a Portugués.[4][5][6]

No verán de 1932 deu o salto ao profesionalismo, fichando xunto a Porto polo Deportivo da Coruña,[7][8] co que debutou nun derbi amigable contra o Celta de Vigo, en homenaxe ao capitán do Deportivo Fernando Fariña.[9] Debutou na Serie A na terceira xornada, contra o Unión Sporting no Campo de Riazor.[10] Gañou logo a titularidade, conquistando o Campionato de Galicia e disputando 10 partidos de Segunda División, na que marcou un gol contra o Celta de Vigo. Xogou outra tempada máis no club branquiazul, disputando outros dez partidos en Segunda.

En 1934 fichou Lugo Sporting, co que xogou na Serie A e a continuación volveu a Santiago para rematar os seus estudos de Dereito, xogando na cidade compostelá de novo co Español. Despois da guerra civil xogou no Arousa e en xaneiro de 1942 fichou polo Celta de Vigo, despois de que ao equipo vigués se lle lesionasen Varela e Deva.[11] Disputou só un partido oficial co Celta, un derbi contra o Deportivo en Riazor, que rematou con goleada coruñesa por 4 a 0.

No verán de 1942 foi unha das numerosas fichaxes do novo Pontevedra, xunto a O'Donell e Foro entre outros.[12] Logrou co club granate o ascenso á Terceira División e na tempada seguinte volveu a Santiago de Compostela, onde pasou a xogar no Club Santiago, tamén na Terceira División.[13] Permaneceu varias tempadas no equipo santiagués, onde exerceu de capitán.[14] O 1 de xuño de 1947 xogouse na súa honra un partido no antigo campo de Santa Isabel entre o Club Santiago e o Celta de Vigo, que acabou cunha goleada céltica por 9-2, con tripletes de Pahiño e Juanín.[15]

En outubro de 1947 volveu ao Arousa, co que xogou dúas tempadas na Terceira División, as primeiras do club nesa categoría, e logrou ascender a Segunda. Colgou as botas en 1949 e retornou á súa profesión de funcionario de prisións, sendo destinado á Prisión Provincial da Coruña.[16]

  1. "Los deportes infantiles". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de febreiro de 1928. p. 12. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  2. "En Santiago". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de xullo de 1929. p. 8. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  3. "El Compostela gana el Campeonato del grupo al vencer al Noya por 1 a 0". El Eco de Santiago (en castelán). 10 de febreiro de 1930. p. 2. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  4. "Deportes". El Compostelano (en castelán). 5 de marzo de 1931. p. 2. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  5. "Los clubs de la B". El Pueblo Gallego (en castelán). 21 de xaneiro de 1931. p. 3. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  6. "Ficheo en el Compostela". El Compostelano (en castelán). 9 de xullo de 1931. p. 2. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  7. "Ante el homenaje a Fariña". El Ideal Gallego (en castelán). 7 de xullo de 1932. p. 5. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  8. "Porto y Ferrón abrazan el profesionalismo". El Compostelano (en castelán). 15 de xullo de 1932. p. 1. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  9. "El Deportivo venció al Celta por tres tantos a uno". El Ideal Gallego (en castelán). 12 de xullo de 1932. p. 5. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  10. "La sorpresa de Riazor". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de outubro de 1932. p. 7. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  11. "Deportivo-Celta, esta tarde en Riazor". El Ideal Gallego (en castelán). 25 de xaneiro de 1942. p. 5. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  12. "Los deportes". El Pueblo Gallego (en castelán). 12 de xullo de 1942. p. 6. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  13. "Tras un partido incoloro, el Santiago sólo consiguió el empate a 1 con el Pontevedra". El Correo Gallego (en castelán). 9 de novembro de 1943. p. 4. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  14. "Mañana en Santa Isabel, Club Santiago - Arenal". La Noche (en castelán). 13 de abril de 1946. p. 5. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  15. "En partido homenaje a Ferrón, el Celta aplasta al Santiago por nueve goles a dos". La Noche (en castelán). 2 de xullo de 1947. p. 3. Consultado o 9 de abril de 2021. 
  16. "Destino en el Cuerpo de Prisiones". El Correo Gallego (en castelán). 2 de novembro de 1949. p. 2. Consultado o 9 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]