Saltar ao contido

Manuel Seixas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Seixas
Biografía
Nacemento20 de xuño de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, músico, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX821824 Dialnet: 5472324

Manuel García Seixas, coñecido como Manuel Seixas, nado en Vilagarcía de Arousa o 20 de xuño de 1961, é un profesor, escritor e músico galego.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Profesor de filosofía, psicoloxía e valores éticos no IES A Basella de Vilanova de Arousa ata o 2021. Como músico foi membro do grupo Korosi Dansas, posteriormente fundou o grupo Neuroband e ten editados varios proxectos en solitario. Como escritor editou varias novelas, poemarios, artigos... e colaborou en obras conxuntas.[2][3]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Vestixios do verme (1999). Santiago: Positivas. 48 páxs. ISBN 978-84-87783-56-2
  • Diario de ausencias (2001). Lisboa: Tema.
  • "A coitelada da morte" (2020). En Grial, 228, tomo XVIII.
  • Trevo (Triloxía do Outono) (2021). Vigo: Ed. Galaxia. Ilustracións de Xurxo Romero Román. ISBN 978-84-9151-591-3.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • A memoria de Vilagarcía (2003). Con Carlos Díaz Martínez.
  • Narradio. 56 historias no ar (2003). Xerais.
  • Xuro que nunca volverei pasar fame (2003,). Difusora.

Obra musical

[editar | editar a fonte]

Con Korosi Dansas

[editar | editar a fonte]
  • Cordura (CD; Man Records, 1995).
  • Non! (CD; Chorima Records, 1996).

En solitario

[editar | editar a fonte]
  • A velocidade do frío (CD; Xerais, 1997). Conxunto de temas baseados na súa novela homónima).
  • Presentimento (CD; Madame Mir, 2001).
  • O estraño karaoke do home bata (CD dobre. Tríptico 32 páxinas; Ferror Records, 2021)
  • Electric Eyes (LP-CD dobre; Ferror Records, 2023)

Con Neuroband

[editar | editar a fonte]
  • Microse (In memoriam Roberto Camba; Autoedición, 2004).
  • Proceso Amniótico (CD; Pai Música, 2011).
  • Verde (CD; Con de tres pés, 2015).
  1. "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-06-21. 
  2. "Seixas, Manuel". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-21. 
  3. "O Estraño Karaoke do Home Bata. Un Rosario Laico en 2 Misterios - La Fonoteca" (en castelán). Consultado o 2023-06-21. 
  4. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2023-06-21. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2023. Consultado o 2023-06-21. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]