Saltar ao contido

Manuel Somoza Cambero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Somoza Cambero
Biografía
Nacemento1815 Editar o valor en Wikidata
Fiolleda, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1893 Editar o valor en Wikidata (77/78 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor en Wikidata

Manuel Somoza Cambero, nado en Fiolleda (Monforte de Lemos) en 1815 e finado en Valladolid o 16 de febreiro de 1893, foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Participou nos acontecementos violentos de Madrid de 1848. Fracasado o levantamento, tratou de provocar un alzamento en Galicia. Fracasada, foi detido e trasladado ao cárcere do Saladero de Madrid. En 1854 formou parte da xunta de militares e civís que iniciou o levantamento dese ano. Foi elixido deputado por Lugo en 1854, pero renunciou en decembro dese ano.[1] Foi nomeado gobernador civil de Pontevedra o 16 de agosto de 1854,[2] permanecendo no cargo ata que foi nomeado gobernador civil de Zamora o 20 de agosto de 1856,[3] cesando o 25 de outubro de 1856. Foi designado inspector administrativo de Ferrocarrís en Comisión o 13 de agosto de 1864. Finou en Valladolid o 16 de febreiro de 1893.[4]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Orde de Isabel a Católica, 1866.
  • Gran Curz de Carlos III, 1870.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era irmán de Ramón Somoza Cambero, que finou en Monforte de Lemos en 1887.[5] Casou con Carlota Gutiérrez de los Ríos e foi pai de Emilia Somoza Gutiérrez.

  1. BOP Lugo, 5-2-1855, p. 1.
  2. El Libre Pontevedrés, 17-12-1854, p.2.
  3. BOP Zamora, 17-9-1856 p. 2-3.
  4. El Siglo futuro, 18-2-1893, p. 3.
  5. Crónica de Pontevedra, 4-10-1887, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]