Manuel Soto Rodríguez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1915 Nigrán, España |
Morte | 7 de outubro de 1939 (23/24 anos) Vigo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | pescador, maquis |
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Manuel Soto.
Manuel Soto Rodríguez, nado en Nigrán cara a 1915 e finado en Vigo o 7 de outubro de 1939, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mariñeiro veciño de Priegue, afiliado ao Sindicato de Marineros da CNT. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e formou parte dunha partida armada. Foi detido en 1939. Xulgado en Vigo na causa 87/39 por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Executado en Vigo o 7 de outubro de 1939, a súa morte rexistrouse a causa de hemorraxia interna.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- González, Juan A. (1998). Nigrán. Memoria dunha guerra (1936-1939). Do Cumio. ISBN 978-84-8289-074-6.