Manuel Tenreiro Mosquera
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Pontedeume, España ![]() |
Morte | 25 de setembro de 1939 ![]() Ferrol, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xastre , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Familia![]() | |
Pai | José Tenreiro López ![]() |
Manuel Tenreiro Mosquera nado en Pontedeume e finado en Ferrol o 25 de setembro de 1939, foi un xastre e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de José Tenreiro López. Xastre. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Foi reclamado polo Goberno civil da Coruña en setembro de 1936.[1] Foi detido e procesado na causa 318/38 contra a súa curmá Amelia Varela Bouza e outros. Xulgado en Ferrol por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi fusilado no castelo de San Filipe de Ferrol o 25 de setembro de 1939.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, 26-9-1936, p. 4.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Regueira Cereijo, Rosario (2017). Cando pasou o que pasou. Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-947719-6-5.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Manuel Tenreiro Mosquera na páxina web Nomes e Voces.