Manuel Vázquez Río
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1926 ![]() Lugo, España ![]() |
Morte | 29 de outubro de 2016 ![]() Lugo, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Manuel Vázquez Río, nado cara a 1926 e finado en Lugo o 29 de outubro de 2016,[1] foi un avogado e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Constantino Vázquez López e Carmen Río Río. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela, colexiándose en Lugo en 1952.[2] No franquismo foi secretario técnico da Obra Sindical. Militante de Alianza Popular, foi designado membro do grupo de traballo redactor do proxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia.[3] Foi proposto como canidato a senador pola Coalición Democrática para as eleccións xerais de 1979,[4] pero dimitiu aos poucos días.[5] En 1985 foi nomeado secretario da Delegación Provincial da Consellería de Ordenación do Territorio de Lugo.[6]