Saltar ao contido

Manuel Valeriano Alonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Valeriano Alonso
Biografía
Nacemento1951 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Camariñas, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Camariñas
2007 – 2018 (dimisión)
← Juan Bautista Ramos SantosSandra Ínsua Rial → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Camariñas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico , axente de seguros , fotógrafo Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor en Wikidata
Membro de
LinguaLingua galega Editar o valor en Wikidata

Manuel Valeriano Alonso de León, coñecido como Pichurri, nado en Camariñas en 1951, é un político galego do PSdeG-PSOE.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fotógrafo e axente de seguros, foi concelleiro de Camariñas polo PTG nas primeiras eleccións democráticas. Ingresou no PSdeG-PSOE en 1980, e por esa formación foi concelleiro entre 1991 e 1996, cando dimitiu. Nas eleccións municipais de 2007 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Camariñas[1] e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2011 volveu ser elixido alcalde, tamén con maioría absoluta. En xuño de 2011 foi imputado por suposta negociación prohibida a funcionarios.[2] Volveu ser reelixido no 2015 con maioría absoluta. O 24 de agosto de 2018 presentou a súa dimisión pasando a ser alcaldesa a número 2, Sandra Ínsua.

Dez anos máis tarde, en novembro de 2021, foi condenado a inhabilitación por xestionar para o concello pólizas de seguro dende a súa empresa, Pichurri SL[3].


Predecesor:
Juan Bautista Santos Ramos
 
Alcalde de Camariñas
 
2007 - 2018
Sucesor:
Sandra Ínsua

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou coa tamén fotógrafa María del Carmen Freire Ramos.

  1. M. Carmen Suárez (19 de xaneiro de 2007). "Valeriano Alonso encabezará la lista socialista de Camariñas". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  2. "Imputado o alcalde socialista de Camariñas". Galicia Confidencial. 29 de xuño de 2011. 
  3. "El exalcalde de Camariñas, Manuel Alonso, inhabilitado cinco años por la trama de los seguros". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-11-09. Consultado o 2021-11-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outras páxinas

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]