Manuel Viturro Somoza
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1904 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 27 de xaneiro de 1977 ![]() Madrid, España ![]() |
Ambassador of Spain to Finland (en) ![]() | |
1964 – 1972 ← Federico Oliván y Bago (en) ![]() ![]() Nomeado por: Francisco Franco | |
Ambassador of Spain to the Dominican Republic (en) ![]() | |
1963 – 1964 ← Manuel Valdés Larrañaga (pt) ![]() ![]() ![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | diplomático ![]() |
Familia | |
Fillos | Manuel Viturro de la Torre ![]() |
Pai | Manuel Viturro Posse ![]() |
Premios | |
Manuel Viturro Somoza, nado na Coruña en xaneiro de 1904 e finado en Madrid o 27 de xaneiro de 1977[1], foi un diplomático galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel Viturro Posse. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e ingresou na carreira diplomática en 1928, sendo o seu primeiro destino o de secretario da Embaixada de España no Cairo en 1929. Foi Ministro Conselleiro na Embaixada de Buenos Aires (1955), cónsul xeral en Alxer (1958), e embaixador en Santo Domingo (1963-1964) e Helsinqui (1964-1972). Foi debuxante e colaborou na revista Marineda.
Casou con María Soledad de la Torre Fernández Latorre e é pai do tamén diplomático Manuel Viturro de la Torre.