Manuel da Riba do Rego
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Loentia, España ![]() |
Morte | 24 de xuño de 1902 ![]() Madrid, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Manuel da Riba do Rego, nado en Loentia (Castro de Rei) e finado en Madrid o 24 de xuño de 1902, foi un político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alcumado O Cuco. Analfabeto e pastor de ovellas, marchou a Madrid, onde fixo fortuna. Foi concelleiro de Madrid e xefe superior de Administración. Na Restauración militou no Partido Liberal e foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Lugo nas eleccións de 1879. Foi anulada a súa proclamación como deputado polo Tribunal de actas graves, nomeándose no seu lugar a José María González Vallarino. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Lugo nas eleccións de 1881. Foi elixido senador pola provincia de Lugo en 1893. Finou en Madrid o 24 de xuño de 1902.[1][2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Virginia da Riba Lorenzo, que casou con César Ordax-Avecilla Urrengoechea.