Manuel de Marcos Santos
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1860 (164 anos) Ribeira, España |
Morte | O Carril, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista |
Membro de | |
Manuel de Marcos Santos, nado en Ribeira o 21 de febreiro de 1860 e finado no Carril, foi un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Asentado da Pobra do Caramiñal onde traballou como curial no xulgado e foi correspondente de El Motín. Trasladouse á Coruña e foi redactor de El Liberal Coruñés, do que chegou a director en 1887. Foi Secretario do concello de Cee (1890) e do de Fisterra (1893). En 1881 Eduardo Riva editoulle en Noia o libro de poemas Risas y lágrimas, na imprenta do periódico El Zumbido, Manuel de Marcos engadiu na portada o sobrenome El poeta de Santa Baya. No libro hai seis textos en galego.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou na igrexa do Santiago do Deán con Perfecta Acuña-Valdivieso o 30 de setembro de 1889.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Pastor Rodríguez, X. (2004). "Un poeta de Ribeira do século XIX edita un libro en Noia en 1881" (PDF). Alameda (17): 42–45. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 1 de decembro de 2014.