Manuel Quiroga Vázquez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Manuel Quiroga y Vázquez ![]() 1845 ![]() Viloira, España ![]() |
Morte | 15 de febreiro de 1906 ![]() Viloira, España ![]() |
Embaixador do Reino de España no imperio chinés | |
14 de xullo de 1891 – 1892 ← Salvador López Guijarro (pt) ![]() ![]() | |
![]() | |
![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado ![]() |
Familia | |
Fillos | José Quiroga Velarde ![]() |
Irmáns | Vicente Quiroga Vázquez ![]() |
Manuel Quiroga Vázquez, nado en Viloira (O Barco de Valdeorras) en 1845 e finado no mesmo lugar o 15 de febreiro de 1906[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de José Quiroga Valdés, señor de Monte Furado e da casa de Viloira. Licenciado en Dereito. Foi deputado polo distrito de Lugo (1869-1872) e por Quiroga (1876-1879) integrado nas filas da Unión Liberal e por Valdeorras (1879-1884 e 1896-1901) xa formando parte do Partido Conservador. O seu traballo no Congreso estivo centrado na mellora das comunicacións para a bisbarra valdeorresa. Foi senador pola provincia de Lugo (1884-1885) e pola de Ourense (1903-1904). En 1895 foi nomeado Director Xeral de Agricultura e foi embaixador plenipotenciario da China en Madrid.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Elena Velarde Guisasola e foi pai de José Quiroga Velarde e Elena Quiroga Velarde, que casou con Marcelino Suárez González. Viúvo, casou en segundas nupcias con Elena Navia-Osorio Sánchez Arjona. Era irmán do tamén político Vicente Quiroga Vázquez.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Correo de Galicia, 17-2-1906, p. 2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gurriarán Rodríguez, Ricardo (2006). CIEF Centro de Investigación Económica e Financeira; Fundación Caixa Galicia, ed. "O príncipe dos negocios" in Empresarios de Galicia. pp. 237–257.