José Quiroga Velarde
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Quiroga y Velarde 21 de xaneiro de 1873 O Barco de Valdeorras, España |
Morte | 9 de decembro de 1953 (80 anos) |
Actividade | |
Ocupación | político, avogado |
Familia | |
Fillos | Elena Quiroga |
Pai | Manuel Quiroga Vázquez |
José Quiroga Velarde, conde de San Martín de Quiroga, nado no Barco de Valdeorras o 21 de xaneiro de 1873 e finado na Coruña o 9 de decembro de 1953[1], foi un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Manuel de Quiroga Vázquez de Quiroga. Foi oficial primeiro do Goberno civil da Coruña en 1903[2], secretario do Goberno civil de Santander en 1906[3], e deputado maurista por Valdeorras (1907-1908). O 13 de outubro de 1908 renunciou. Foi gobernador civil de Burgos. Foi xefe superior de Administración civil do Ministerio da Gobernación até a súa xubilación en 1943. Herdou o título de conde de San Martín de Quiroga en 1910 ao falecer a súa avoa María Manuela Vázquez Quiroga Queipo de Llano[4].
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Santander con Isabel Abarca Fornés en 1906 e foi o pai de Elena Quiroga.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en ABC
- ↑ El Correo de Galicia, 16-9-1903, p. 2.
- ↑ El Correo de Galicia, 31-3-1906, p. 2.
- ↑ Gaceta de Galicia, 4-7-1910, p. 1.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- BiografíaArquivado 16 de marzo de 2016 en Wayback Machine.