Manuel de Villarroel
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de decembro de 1661 Valladolid, España |
Morte | 19 de abril de 1731 (69 anos) |
Frei Manuel de Villarroel, nado en Valladolid o 8 de decembro de 1661 e finado o 19 de abril de 1731, foi un monxe español.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Frei Manuel colleu os hábitos beneditinos no mosteiro de San Salvador de Lourenzá, en Lugo, alí pasou a maior parte da súa vida e realizou importantes obras en diferentes partes do edificio.[1]
Foi escollido predicador xeral, en 1688, catedrático de Sagrada Escritura en Salamanca, e tamén foi abade de Lourenzá dúas veces, entre 1709 e 1713, e entre 1721 e 1725.[1]
Posteriormente foi elixido bispo de Porto Rico.[1]
Obras
[editar | editar a fonte]Foi famoso pola profundidade dos seus coñecementos clásicos e polo seu carácter polifacético en diferentes campos. A súa produción literaria foi moi ampla, e publicou as seguintes obras[1]:
- Scena sacra de varias oraciones panegyricas (Madrid, 1702).[1]
- Práctica de la regla de nuestro padre San Benito (Madrid, 1705).[1]
- Tautologias (Madrid, 1703-29), oito volumes, escritos en latín.[1]
- Ephemerides sacrae et prophanae, thesaurus temporum in quatuor tempora. Hyems (Madrid, 1730). Esta obra ía conter catro tomos pero só puido publicar dous, o segundo deles publicado xa postumamente.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Monterroso Carril, Fernando (1985). "Fray Manuel de Villarroel, monje de San Salvador de Villanueva de Lorenzana, diócesis de Mondoñedo, escritor, abad y obispo electo de Puerto Rico (I)". Estudios Mindonienses (1): 285–325. ISSN 0213-4357.
- ——— (1987). "Fray Manuel de Villarroel, erudición clásica (II)". Estudios Mindonienses (3): 329–354. ISSN 0213-4357.
- ——— (1989). "La erudición de Manuel de Villarroel, latinista de principios del siglo XVIII". Actas del VII Congreso Español de Estudios Clásicos 3. pp. 591–598. ISBN 84-7491-261-X.