María Antonia Fernández Felgueroso
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de xuño de 1944 (80 anos) Xixón, España |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
María Antonia Fernández Felgueroso, nada o 13 de xuño de 1944 en Xixón, é unha política asturiana que foi elixida a primeira Procuradora Xeral de Asturias.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Entre 1984 e 1991 foi directora rexional de Acción Social. Abandonou o cargo para poñerse á fronte da consellería de Educación, Cultura, Deportes e Mocidade no goberno de Juan Luis Rodríguez-Vigil. En 1993 pasou a ser conselleira do Interior e Administracións Públicas.
Nas eleccións municipais de 1999 foi elixida concelleira polo PSOE no concello de Xixón. Mantivo o cargo no 2003 a deixouno no 2006 para se converter en Procuradora Xeral de Asturias, un cargo que se asemella ó do Defensor do Pobo no resto do estado.