María Antonia Pereira
- Non confundir con María Antonia de Jesús Tirado (Jerez de la Frontera 1740-1810), tamén relixiosa.
Nome orixinal | María Antonia Pereira do Campo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Flavia Antonia Pereira do Campo 6 de outubro de 1700 Cuntis, España |
Morte | 10 de marzo de 1760 (59 anos) Santiago de Compostela, España |
Lugar de sepultura | Convento do Carme de Arriba, Santiago de Compostela |
Residencia | Cuntis, Tui, Baiona, Madrid, Santiago… |
Relixión | Igrexa católica |
Q89547790 | Edificio espiritual |
Actividade | |
Ocupación | monxa cristiá |
Xénero artístico | misticismo |
Influencias | |
Lingua | castelá |
Orde relixiosa | Order of Discalced Nuns of the Blessed Virgin Mary of Mount Carmel (en) |
Enaltecemento | |
| |
Día de festividade relixiosa | 10 de marzo |
Familia | |
Cónxuxe | Juan Antonio Valverde |
Fillos | dous (Sebastián e Leonor) |
Pais | Manuel Pereira e María do Campo |
Irmáns | dous (Lucas e Mateo) |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada |
María Antonia Pereira do Campo[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11] ou María Antonia Pereira de Andrade,[12] nada en Baños de Cuntis (Cuntis) o 5 de outubro de 1700 e finada en Santiago de Compostela o 10 de marzo de 1760,[13] foi unha relixiosa e escritora galega, coñecida como a serva de Deus María Antonia de Xesús, ou Monxiña do Penedo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi a filla primoxénita, de tres irmáns, de Manuel Pereira e María do Campo. Setemesiña, foi bautizada como Flavia Antonia Pereira do Campo. Viviu cunha tía paterna, María Pereira, en Caldas de Reis. Despois da morte do pai —M.ª Antonia tiña 14 anos de idade— a familia trasladouse a Baiona, onde a nai traballou de ama de chaves na casa de Fernando de Heras y Miera, abade da Colexiata de Santa María. Despois de cinco anos, Antonia foise para a casa dunha señora de Tui e de alí a unha de Santiago de Compostela. De volta á Baiona, casou en matrimonio organizado pola súa familia con Juan Antonio Valverde, notario eclesiástico, e, tempo despois, tanto o home como os seus dous fillos, Sebastián e Leonor, abrazaron a vida relixiosa en diferentes ordes.
Marchou a Madrid, alí, tras traballar no servizo doméstico, pasou a integrarse nunha comunidade carmelita de Alcalá de Henares. O nome de Flavia Antonia foille trocado polo de María Antonia de Xesús cando entrou na vida relixiosa.[14] En 1728 recibe o mandato divino de fundar un convento.[15] Con importantes apoios eclesiásticos e económicos, volveu a Santiago. Alí, logo de superar as reticencias dos arcebispos Cayetano Gil Taboada, e o seu sucesor Bartolomé de Raxoi, a abrir unha nova orde de clausura, fundou en 1748 o primeiro convento carmelita de Galicia,[16] o convento das Carmelitas Descalzas, chamado convento do Carme de Arriba.[17] En 1753 comezaron as obras do novo edificio do convento, traballos dirixidos polos frades carmelitas José de los Santos e José del Espíritu Santo.
Coñecida como a Monxiña do Penedo polo seu lugar de nacemento, a Igrexa católica considerouna venerable polas súas virtudes. Da súa obra escrita consérvanse manuscritos no convento, entre eles o da súa obra principal, o Edificio espiritual,[18] ademais da numerosa correspondencia.
Veneración
[editar | editar a fonte]A Santa Sé, ao pouco de finar a monxa, declarou que non había impedimento para comezar coa súa causa de canonización, que comezou en 1761, pero que se detivo en 1770.
O 25 de xaneiro de 1993, polo pulo do entón arcebispo compostelán cardeal Antonio María Rouco Varela, retomouse a fase diocesana do proceso. O proceso concluíu o 14 de xuño de 1996, admitiuno a trámite a Congregación para as Causas dos Santos o 25 de xullo de 1999 e recibiu en 2007 a aprobación da Comisión Histórica (Positio). Grazas a esta aprobación Pereira recibe o título católico de "serva de Deus".
O 7 de novembro de 2018 a Congregación para as Causas dos Santos, con autorización do papa Francisco, declarouna "venerable".[19][20]
Obra
[editar | editar a fonte]- Edificio espiritual. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos, 1954.[18]
- Notas espirituales (manuscrito). 1729-1730
- Autobiografía (manuscrito). 1737-1738, 1754-1755
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Edificio espiritual, detalle da edición de Bibliófilos Gallegos.
-
Convento do Carme de Arriba, Santiago de Compostela.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Alvarellos 1993.
- ↑ Castro 2009, p. 43: Jesús, María Antonia de. Apelidada en realidade Pereira do Castro…
- ↑ Couceiro 1953.
- ↑ García-Fernández 2012, p. 208, 219-220.
- ↑ Marco 2007.
- ↑ Rey & Rial 2011.
- ↑ Vilanova 2005.
- ↑ Yzquierdo 2009.
- ↑ DEGU
- ↑ DBdG.
- ↑ EGU.
- ↑ Blanco de la Barrera, Laura (2009). "María Antonia Pereira de Andrade". Álbum de Mulleres. CCG. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2018. Consultado o 13 de novembro de 2018.
- ↑ "Madre María Antonia de Jesús, carmelita descalza: El Papa lo ha aprobado: ¡Madre María Antonia ya es venerable!". Madre María Antonia de Jesús (Pereira y Andrade), carmelita descalza (en castelán). Consultado o 13/11/2018.
- ↑ Alvarellos 1993, p. 240.
- ↑ Yzquierdo, Ramón (2009). "Patrimonio artístico enajenado de los conventos femeninos de clausura compostelanos…". Galicia monástica (en castelán). p. 683-708. ISBN 978-84-9750-023-4.
En 1728 María Antonia Pereira do Campo, casada y madre de dos hijos, recibe el mandato divino de fundar un convento
- ↑ Rey & Rial 2011, p. 284: …é relevante que o primeiro convento carmelitano fundado en Galicia teña sido unha fundación tardía, cando en 1748 se estableceu en Santiago a primeira comunidade, por iniciativa de María Antonia Pereira do Campo.
- ↑ Convento de Clausura do Carme de Arriba Concello de Santiago (en seis linguas, non dispoñible en galego).
- ↑ 18,0 18,1 Edificio espiritual edición de 1961 de Juan Flors, Barcelona. En Internet Archive.
- ↑ "Promulgazione di nuovi decreti". Congregazione delle Cause dei Santi (en italiano). 7 de novembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 17 de novembro de 2018.
Il 7 novembre 2018 [...] il Santo Padre Francesco ha autorizzato la Congregazione a promulgare i Decreti riguardanti: [...] le virtù eroiche della Serva di Dio Maria Antonia di Gesù (al secolo: Maria Antonia Pereira y Andrade), Monaca professa dell’Ordine dei Carmelitani Scalzi; nata a El Penedo (Spagna) il 5 ottobre 1700 e morta a Santiago de Compostela (Spagna) il 10 marzo 1760.
- ↑ "El Papa declara "Venerable" a María Antonia Pereira, fundadora del Carmelo de Compostela". Faro de Vigo (en castelán). 9 de novembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Antonia Pereira |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alvarellos, Enrique (1993). "Pereira do Campo, Flavia Antonia". Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos. pp. 240–241. ISBN 84-85311-96-5.
- Castro, Brais do, ed. (2007). Galegas. A Coruña: Novos Vieiros/Gran Enciclopedia Galega. pp. 43–45. ISBN 978-84-934925-4-0.
- Couceiro, A. (1953). "Pereira do Campo, María Antonia". Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 70-71.
- García-Fernández, M. (2012). "Alfabetización, autoría e produción impresa. Unha aproximación en feminino á cultura letrada da Galicia moderna". CEG LIX (125): 193–232. ISSN 0210-847X.
- Marco, A. (2007). "Pereira do Campo, María Antonia de Jesús". Dicionario de Mulleres Galegas. A Nosa Terra. p. 337. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Precedo Lafuente, Jesús (1989). "María Antonia de Jesús, la monjita del Penedo". Estudios Mindonienses (5): 821–836.
- Rey, Ofelia; Rial, Serrana (2011). Historia das mulleres en Galicia: Idade moderna. Nigra Trea. p. 284. ISBN 978-84-150-7808-1.
- Vilanova, Alberto; et al. (2005). "Pereira do Campo, María Antonia". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- "Pereira do Campo, María Antonia de Xesús". Diccionario enciclopédico galego universal 48. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 88. ISBN 84-7680-429-6.
- "Pereira do Campo, María Antonia". Dicionario biográfico de Galicia 3. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 85.
- "Pereira do Campo, María Antonia". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 361. ISBN 84-7680-288-9.
- La Venerable Madre María Antonia de Jesús (en castelán) (2ª ed.). Fundación Barrié. 2018 [1991]. Con presentación de Filgueira Valverde e prólogo de Julián Barrio.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Listaxe dalgunha bibliografía
- Blanco de la Barrera, Laura (2009). "María Antonia Pereira". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.
- Bará, Milagros (xuño-xullo de 2015). "La monja casada de Cuntis". Diario de Pontevedra (en castelán). I, II, III