Igrexa de Santa María de Baiona
Igrexa de Santa María de Baiona | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | igrexa e colexiata ![]() | |||
Estilo | arte gótica ![]() | |||
Diocese | Diocese de Tui-Vigo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Pontevedra | |||
Concello | Baiona ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Dedicado a | Santa María ![]() | |||
[ Wikidata ] |
A excolexiata de Santa María é un templo relixioso de estilo románico e de aspecto fortificado do século XIII (1278)[1] situado na vila de Baiona.[2] Foi instituída colexiata polo bispo Diego de Muros I en 1482, ata 1840,[3] ano en que volveu ser igrexa parroquial.
Descrición
[editar | editar a fonte]
Está dividida en tres naves coa súa ábsida rectangular. A nave principal lembra o estilo cisterciense do mosteiro de Santa María de Oia. As fiestras son románicas e ten na fachada un rosetón románico.
No ano 1659 fíxose a sancristía engadíndoa polo exterior á absidiola norte e en 1695 construíronse as capelas laterais.
O retablo barroco foi construído entre 1726 e 1732 por Antonio del Villar.
En 1841, trasladáronse ó adro varios cruceiros de distintos estilos que estaban espallados polas rúas da vila.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Viaje a Galicia (1745) Martín Sarmiento.
- ↑ 2,0 2,1 Concellería de Turismo - Concello de Baiona. "Santa María de Baiona". Consultado o 12/11/2014.
- ↑ Santa María de Baiona Arquivado 08 de novembro de 2014 en Wayback Machine. Diocese de Tui-Vigo.
- ↑ Lampérez y Romea, Vicente (1910) [1909] Boletín de la Sociedad Española de Excursiones vol. XVIII (Primer trimestre), pp. 44-49.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Igrexa de Santa María de Baiona |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Castillo, Ángel del (1987) [1972]. Inventario Monumental y Artístico de Galicia (Inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia) (2ª ed.). A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. p. 56. ISBN 84-85728-62-9.
- Murguía, Manuel (1888). Galicia, sus monumentos y artes - su naturaleza e historia, p 754-756. Barcelona.
- Villa-amil y Castro, José (facsímile: 2005) [1904]. Iglesias gallegas de la Edad Media, colección de artículos publicados por (en castelán). Madrid: Imprenta de San Francisco de Sales (facsímile: Ed. Órbigo, A Coruña). pp. 217–218. ISBN 84-934081-5-8.