Saltar ao contido

María Cegarra Salcedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Cegarra Salcedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1899 Editar o valor en Wikidata
La Unión, España Editar o valor en Wikidata
Morte26 de marzo de 1993 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Concelleira La Unión
valor descoñecido – valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Murcia - Bachelor of Chemical Sciences (en) Traducir (1940–1947) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, mestra, editora, química, concelleira Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX948946 Dialnet: 2456261

María Cegarra Salcedo, nada en La Unión (Murcia) o 28 de novembro de 1899 e finada en Murcia o 26 de marzo de 1993, foi unha poeta española, ademais da primeira muller perito químico.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Entre 1921 e 1924 exerceu como axudante técnico no laboratorio de análise industrial da viúva de Francisco Munuera. Logo, dende finais dos anos vinte e durante varias décadas, estivo á fronte do seu propio laboratorio de análises químicas, orientado á explotación mineira, na casa familiar. [2]

O 7 de maio de 1928 obtivo o título de Perito Químico na Escola Politécnica Superior de Alcoi (EPSA).

Tras a morte do seu irmán Andrés en 1928, dedicouse á poesía. Grazas a el coñecera a Carmen Conde, con quen tivo unha longa e fonda amizade recollida nunha correspondencia. Participou nas actividades realizadas na Universidade Popular que Conde e Antonio Oliver fundaron nesa cidade. Tamén fixo amizade co xornalista Raimundo de los Reyes e cos poetas Miguel Hernández e Ramón Sijé.[3] Con Hernández mantivo unha estreita relación.[4]

En 1946 obtén a licenciatura en Ciencias Químicas pola Universidade de Murcia. Ademais, Cegarra exerceu corenta anos de docencia en diferentes colexios de Cartaxena, así como noutros centros entre eles a Escola de Peritos Industriais.

  • Cristales míos, 1935.[5]
  • Desvarío y fórmulas, 1978.[6]
  • Poesía completa, 1986.
  • Poemas para un silencio, 1999.[7]
  • Cada día conmigo, 1986.
  • Poemas para un silencio, 1999.
Mural de María Cegarra en el proyecto Huellas de Mujer, por la artista Clara Ledo.
Mural de María Cegarra no proxecto Huellas de Mujer, da artista Clara Ledo.


  1. Stadler, Marta Macho (2017-06-16). "María Cegarra: poemas de laboratorio". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2023-06-11. 
  2. "María Cegarra Salcedo". Región de Murcia Digital. Arquivado dende o orixinal o 5 de marzo de 2016. Consultado o 21 de diciembre de 2008. 
  3. Garcerá, Fran (2019). ""Todos aquellos que tengamos alas". Carmen Conde y María Cegarra Salcedo: Colaboración literaria y editorial a través de su legado epistolar (1924-1982)" (25): 135–151. ISSN 1136-5781. Consultado o 2021-05-27. 
  4. "Cegarra Salcedo, María" (en castelán). Consultado o 2021-05-27. 
  5. Cegarra Salcedo, María 1899-1993 (2017). Cristales míos. Torremozas. ISBN 978-84-7839-729-7. OCLC 1061842121. Consultado o 7 de marzo de 2020. 
  6. "“Todos aquellos que tengamos alas”. Carmen Conde y María Cegarra Salcedo.". 2019. ISSN 1136-5781. doi:10.1344/lectora2019.25.8. Consultado o 7 de marzo de 2020. 
  7. Salcedo, María Cegarra (1986). "DE "POEMAS PARA UN SILENCIO"" (en castelán) (2): 11–12. ISSN 1989-6166. Consultado o 7 de marzo de 2020.