María Dios
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de outubro de 1870 ![]() A Pobra do Caramiñal, España ![]() |
Morte | agosto de 1943 ![]() A Pobra do Caramiñal, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestra ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
María Dios, nada na Pobra do Caramiñal o 30 de outubro de 1870 e finada no mesmo concello en agosto de 1943, foi unha mestra galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Sendo nova trasladouse a Santiago de Compostela para estudar, viviu cun tío cóengo e formouse en pintura, música e francés, posiblemente asistindo ás clases da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Rematada a súa formación como pintora, exerceu como docente de Debuxo na Escola de Artes e Oficios da Pobra.