Saltar ao contido

María Elena Vázquez Abal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Elena Vázquez Abal
Biografía
Nacemento23 de febreiro de 1960 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata

BUSC: vazquez-abal-maria-elena Dialnet: 500954

María Elena Vázquez Abal, nada en Pontevedra o 23 de febreiro de 1960, é unha matemática galega.[1] Dende 2020 é a presidenta da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Matemática Española (RSME).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Elena Vázquez Abal licenciouse en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela, onde tamén realizou o seu doutoramento en Matemáticas.[1] Cando cursaba os seus estudos, foi diagnosticada da esclerose múltiple o que non lle impediu continuar a súa carreira e fixo medrar unha actividade a prol da inclusión.[2][3] De outubro de 1983 a setembro de 1987 impartiu clases na E.T.S.I. Industriais de Vigo e en outubro de 1987 incorporouse como docente á Facultade de Matemáticas da USC. Dende 1991 é Profesora Titular de Universidade na área de Xeometría e Topoloxía da USC. Tamén foi vicedecana da Facultade de Matemáticas, desde novembro de 2001 a decembro de 2005, e desde agosto de 2009 até xuño de 2013.[4]

A súa investigación céntrase na xeometría diferencial, en particular no estudo da xeometría dos fibrados tanxentes de orde superior, na análise da harmonicidade de aplicacións entre variedades (semi) riemannianas e no estudo da curvatura e a súa influencia na estrutura dunha variedade. Dirixiu varias teses de doutoramento e ten publicado numerosos artigos de investigación en revistas internacionais como Mathematical Methods in the Applied Sciences, Kodai Mathematical Journal, Archiv der Mathematik, Journal of Geometry and Physics, Annals of Global Analysis and Geometry, Pacific Journal of Mathematics ou Illinois Journal of Mathematics. Tamén en Tempos novos: revista mensual de información para o debate, Matematicalia: revista digital de divulgación matemática de la Real Sociedad Matemática Española, Gamma: revista galega de educación matemática, Gaceta de la Real Sociedad Matematica Española.[5]

Ademais, desenvolve unha grande actividade divulgadora organizando ciclos de conferencias, concursos fotográficos e de vídeos, actividades para alumnado e profesorado de secundaria como: "A muller, innovadora na ciencia" (RSME, Premio CIENCIA EN ACCIÓN 2009), o proxecto educativo “O Arcano da Solaina” (2º Premio ENCIENDE 2013, COSCE)[6], ou o videoxogo "MatHex (FisiHex, BioHex, QuimiHex…) xogo, estratexia e coñecementos".[7]

Forma parte da Comisión de Mulleres e Matemáticas da Real Sociedade Española dende a súa creación, sendo a actual presidenta.[8] Ademais de participar en actividades para fomentar as vocacións femininas na ciencia como Unha enxeñeira ou científica en cada cole.[9] É unha das científicas da axenda feminista 2016 do Observatorio da Mariña pola Igualdade[10][11] e do proxecto Donas do código.[12]

En 2024 é a presidenta do Comité de Diversidade da Unión Matemática Internacional.[13]

En 2024 recibiu o Premio RAGC de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias (RAGC).[14]

  • Armonicidad en geometría diferencial (1988). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-600-5480-2.

Obra colectiva

[editar | editar a fonte]
  • "Situación actual de las mujeres matemáticas españolas en el ámbito de la docencia y la investigación universitaria" en Estudios iberoamericanos de género en ciencia, tecnología y salud: GENCIBER (2008). Consuelo Miqueo Miqueo (ed. lit.), María José Barral Morán (ed. lit.), Carmen Magallón Portolés (ed. lit.), 2008,  978-84-7733-971-7, págs. 165-170
  • "Igualdad de género en el ámbito de las Matemáticas", en Libro blanco de las matemáticas (2020). Coord. por David Martín de Diego, Tomás Chacón Rebollo, Guillermo Curbera Costello, Francisco Marcellán Español, Mercedes Siles Molina.
  • "Stop discriminación: evaluación de la aplicación de la Ley 14/2011 de la ciencia en lo referente a la perspectiva de género con propuestas de mejora" en Desigualdades de xénero en tempos de Covid: VII Xornada Universitaria Galega en Xénero (2021). Coord. por Eva Aguayo Lorenzo, Ana Neira Pena, Águeda Gómez Suárez.
  1. 1,0 1,1 "Curriculum resumido en galego - Curriculum vitae resumido - USC". webspersoais.usc.es. Consultado o 2020-08-21. 
  2. Rey, Manuel (2020-02-10). "Elena Vázquez Abal: "O apoio á diversidade segue sen pasar do superficial"". GCiencia. Consultado o 2020-08-21. 
  3. "Elena Vázquez Abal: «Teño a forza de vontade dun cabalo de carreiras e un compañeiro de vida»". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-02-02. Consultado o 2020-08-21. 
  4. "Curriculum vitae resumido - USC". webspersoais.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2019. Consultado o 2020-08-21. 
  5. "María Elena Vázquez Abal". Dialnet (en castelán). Consultado o 2024-05-06. 
  6. "Inicio". enciende.cosce.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-21. 
  7. Redacción (2019-01-30). "Se queres gozar coas matemáticas tes que probar este xogo galego, Mathex". GCiencia. Consultado o 2020-08-21. 
  8. "Comisión". mym.rsme.es. Consultado o 2020-08-21. 
  9. "Unha enxeñeira ou cientifica en cada cole. 4ª Edición - - USC". www.usc.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  10. "Axenda Feminista 2016: Científicas Galegas. Observatorio da Mariña pola Igualdade". Consultado o 2020-08-21. 
  11. "Científicas gallegas". Mujeres con ciencia (en castelán). 2015-12-23. Consultado o 2020-08-21. 
  12. "DONAS DO CÓDIGO 2017-2018. Mis científicas, empresarias y tecnólogas preferidas. CEIP de Laredo". www.edu.xunta.gal. Consultado o 2020-08-21. 
  13. 13,0 13,1 "A matemática da Universidade de Santiago Elena Vázquez Abal, Premio de Divulgación Científica 2024 da Real Academia Galega de Ciencias Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. 2024-05-06. Consultado o 2024-05-06. 
  14. Redacción (2024-05-06). "A matemática Elena Vázquez Abal, Premio de Divulgación da Academia de Ciencias". GCiencia. Consultado o 2024-06-22.