Emma Álvarez Chao
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de setembro de 1974 (50 anos) Lourenzá, España |
Alcaldesa de Lourenzá | |
2012 – 2015 ← Vidal Martínez-Sierra López – Rocío López García → | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Lourenzá |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Emma Álvarez Chao, nada en Lourenzá o 4 de setembro de 1974, é unha política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Santiago de Compostela. Dende 1996 traballou en Os Irmandiños Soc. Coop. Galega. Nas municipais de 2007 foi candidata do PPdeG ao concello de Lourenzá, resultou elixida e foi concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural. Foi candidata nas autonómicas de 2009, non saíu elixida pero foi deputada do Parlamento de Galicia substituíndo a Raquel Arias Rodríguez. Foi voceira de Montes do Grupo Parlamentario Popular. Logo da dimisión de Vidal Martínez-Sierra López en setembro de 2012, foi elixida alcaldesa de Lourenzá[1], sendo relevada no cargo pola socialista Rocío López García tras as eleccións municipais do ano 2015.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eiroá González, Inmaculada (2012-09-16). "Emma Álvarez, nueva alcaldesa". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2024-05-28.
- ↑ Redacción (2015-05-26). "Emma Álvarez, del PP, atribuye parte de su «batacazo» a un ataque interno de su partido". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-01-22.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Predecesor: Vidal Martínez-Sierra López |
Alcaldesa de Lourenzá 2012 - 2015 |
Sucesor: Rocío López García |