Raquel Arias
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1966 (58 anos) Proendos, España |
Deputada de España | |
26 de marzo de 2008 – 20 de marzo de 2009 – Olga Iglesias Fontal → Lexislatura: IX lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Lugo Electa en: Eleccións Xerais 2008 en España | |
Alcaldesa de Sober | |
1999 – 2009 (dimisión) ← Jesús Vázquez Pérez – José Gómez Vázquez → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | política, xornalista |
Raquel Arias Rodríguez, nada en Proendos (Sober) o 2 de abril de 1966, é unha xornalista e política galega do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou en Radiocadena Española e Radio Nacional de España. Foi redactora de informativos na Radio Galega en Santiago de Compostela. Tamén colaborou nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e foi correspondente de El Mundo na provincia de Ourense. De 1996 a 1999 foi responsable do gabinete de prensa do concello de Monforte de Lemos.
Foi alcaldesa de Sober polo PPdeG entre 1999 e 2009 e deputada provincial entre 1999 e 2003 e 2007 e 2008. Foi elixida deputada no Congreso pola provincia de Lugo nas eleccións xerais de 2008. Dimitiu como deputada en 2009 para desempeñar o cargo de delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo. Foi elixida deputada do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012.
Na actualidade exerce o cargo de Delegada Territorial da Xunta de Galicia e forma parte da Executiva do PPdeG como coordinadora de Medio Rural. Tamén optou á presidencia provincial do Partido Popular de Lugo, pero resultou derrotada pola daquela alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia López.[1] Nas eleccións ao Parlamento galego de 2024, saíu elixida deputada por Lugo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xosé Carreira (6 de marzo de 2016). "Candia gana a Arias y sucede a Barreiro al frente del PP provincial de Lugo". La Voz de Galicia (en castelán).
- ↑ Cedrón, María; García Calvo, Lorena (19 de febreiro de 2024). "Este es el nuevo Parlamento de Galicia, diputado a diputado". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 21 de febreiro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en galegos.info
- Ficha no Congreso dos Deputados Arquivado 07 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
Predecesor: Jesús Vázquez Pérez |
Alcaldesa de Sober 1999 - 2009 |
Sucesor: José Gómez Vázquez |
- Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados
- Alcaldes de Sober
- Alcaldes de Galicia durante a democracia
- Alcaldes de Galicia polo PPdeG
- Deputados provinciais de Lugo
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Nados en Sober
- Nados en 1966
- Deputados da IX Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da X Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XI Lexislatura do Parlamento de Galicia
- Deputados da XII Lexislatura do Parlamento de Galicia