Congreso dos Deputados
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2020.) |
Congreso dos Deputados | |
---|---|
XIV lexislatura | |
Datos xerais | |
Ámbito | España |
Creación | 1977 |
Tipo | Cámara Baixa das Cortes Xerais |
Inicio de sesións | 17 de agosto de 2023 |
Presidenta[1] | Francina Armengol (PSOE) desde o 17 de agosto de 2023 |
Vicepresidente primeiro | Rodríguez Gómez de Celis, Alfonso (PSOE) desde o 3 de decembro de 2019 |
Composición | |
Membros | 350 deputados[2] |
Grupos representados | Segundo Goberno Sánchez (153)
PSOE
Unidas Podemos[a] |
Salario | 42.709,24€/ano Salario base en 2020 sen incluír indemnizacións nin complementos.[6] |
Título III da Constitución | |
Eleccións | |
Sistema electoral | Escrutinio proporcional plurinominal mediante sistema d'Hondt con listas pechadas |
Última elección | 10 de novembro de 2019 |
Sede(s) | |
Palacio das Cortes Praza das Cortes, Madrid | |
Sitio web | |
www.congreso.es | |
Notas | |
|
O Congreso dos Deputados[7] é a cámara baixa das Cortes Xerais, o órgano constitucional que representa o pobo español. Reúnese para sesións no Palacio das Cortes, situado na praza das Cortes de Madrid.
A Constitución de 1978 establece un Parlamento bicameral. As Cortes Xerais están formadas polo Congreso dos Deputados e o Senado. Ámbalas dúas Cámaras representan o pobo español. As Cortes Xerais:
- exercen a potestade lexislativa do Estado.
- aproban os seus orzamentos.
- controlan a acción do Goberno.
- e teñen as demais competencias que lles atribúe a Constitución.
No entanto, este bicameralismo non supón unha equiparación completa entre Congreso e Senado. A Constitución resérvalle ó Congreso unha serie de funcións e facultades que revelan a súa primacía. Deste xeito, o Congreso autoriza a formación do goberno, pode provoca-lo seu cesamento, coñece en primeiro lugar a tramitación dos proxectos lexislativos e dos orzamentos e debe confirmar ou rexeitar as emendas ou vetos que pode aprobar o Senado sobor destes textos lexislativos.
Historia
[editar | editar a fonte]Por favor, axuda na mellora deste artigo ou sección ampliando a información que achega. Se cadra, podes atopar máis información na páxina de conversa. |
O Congreso dos Deputados ten o seu antecedente máis remoto no Estatuto Real de 1834, outorgado pola raíña María Cristina, rexente durante a minoría de idade de Isabel II, e que estabeleceu por primeira vez en España a configuración bicameral das Cortes, ao dividilas en dous Estamentos: o de Próceres do Reino e o de Procuradores do Reino.
O Estamento dos Procuradores do Reino tiña carácter electivo e unha composición que correspondía netamente á representación das Cidades e Burgos con dereito de voto nas Cortes do Antigo Réxime.
Na Constitución de 1837, aprobada como consecuencia do Motín da Granxa de San Ildelfonso que forzou á raíña rexente a sancionala, recolleuse por primeira vez a denominación de «Congreso dos Deputados» para a Cámara Baixa das Cortes Xerais.
Nas sucesivas Constitucións de 1845, 1856, 1869 e 1876 preservaron a configuración do Congreso dos Deputados como unha cámara de representación popular, que nalgúns casos tivo atribuída preeminencia sobre o Senado en materia de forzas armadas e de contribucións e crédito público e control político aos membros do Goberno.
Composición
[editar | editar a fonte]A Constitución establece que o Congreso contará cun mínimo de 300 e un máximo de 400 Deputados, debendo a lei electoral concretar este número. A normativa vixente (Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral de 19 de xuño de 1985) fixa en 350 o número de membros da Cámara.
Tódolos Deputados son elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto. A circunscrición electoral é a provincia. A lei electoral asigna dous escanos a cada unha delas e distribúe os demais en proporción á poboación respectiva. Ceuta e Melilla elixen un representante cada unha.
| |||||
Grupo parlamentario | Portavoz | Líder | Deputados | ||
---|---|---|---|---|---|
Socialista | PSOE: 108 PSC: 12 |
Héctor Gómez | Pedro Sánchez | 120 | |
Popular en el Congreso | PP | Cuca Gamarra | Alberto Núñez Feijóo [a] | 88 | |
VOX | Vox | Iván Espinosa de los Monteros |
Santiago Abascal | 52 | |
Confederal de Unidas Podemos- En Comú Podem-Galicia en Común |
Unidas Podemos: 24[b] En Comú Podem: 7[c] Galicia en Común: 2[d] |
Pablo Echenique | Yolanda Díaz | 33[e] | |
Republicano | ERC: 12 Sob: 1 |
Gabriel Rufián | 13 | ||
Plural | JxCAT: 4 PDeCAT: 4 Más País-Equo: 2 Més Compromís: 1 BNG: 1 |
Íñigo Errejón | Míriam Nogueras Ferran Bel Íñigo Errejón Joan Baldoví Néstor Rego |
12 | |
Mixto | CUP-PR: 2 CC-PNC: 1 NC: 1 PRC: 1 TE (EV): 1 FORO: 1 Non adscritos: 4 [f] |
Carlos García | Mireia Vehí Sergio Sayas Ana Oramas Pedro Quevedo José María Mazón Tomás Guitarte Isidro Martínez Oblanca Pablo Cambronero |
11 | |
Ciudadanos | Ciudadanos | Inés Arrimadas | 9[g] | ||
Vasco (EAJ-PNV) | EAJ-PNV | Aitor Esteban | 6 | ||
Euskal Herria Bildu | EH Bildu | Mertxe Aizpurua | 5 |
- ↑ Non é deputado.
- ↑ 20 de Podemos, 3 de Izquierda Unida e 1 de Alianza Verde
- ↑ 4 de Catalunya en Comú, 2 de Podemos e 1 de EUC.
- ↑ 1 de Esquerda Unida e 1 de Podemos.
- ↑ Tras a baixa de Alberto Rodríguez (inda sen substituto) e o paso de María del Carmen Pita Cárdenes ao Grupo Mixto,[3] o GP de Unidas Podemos ten actualmente 33 deputados e, por tanto, o hemiciclo conta con 349 deputados.[4]
- ↑ María del Carmen Pita, diputada por Las Palmas nas listas de Unidas Podemos.[3] Pablo Cambronero, diputado por Sevilla nas listas de Ciudadanos. Carlos García Adanero e Sergio Sayas, diputados por Navarra nas listas de Navarra Suma
- ↑ O deputado Pablo Cambronero abandonou o GP de Ciudadanos e uniuse ao Grupo Mixto, reducindo o número de deputados de Cs, de 10 a 9.[5]
Órganos
[editar | editar a fonte]Cargo | Titular | Lista |
---|---|---|
Presidenta | Meritxell Batet | PSC |
Vicepresidente primeiro | Alfonso Rodríguez Gómez de Celis | PSOE |
Vicepresidenta segunda | Ana Pastor Julián | PP |
Vicepresidenta terceira | María Gloria Elizo | UP |
Vicepresidente cuarto | Ignacio Gil Lázaro | Vox |
Secretario primeiro | Gerardo Pisarello | ECP |
Secretaria segunda | Sofía Hernánz Costa | PSOE |
Secretario terceiro | Javier Sánchez Serna | UP |
Secretario cuarto | Adolfo Suárez Illana | PP |
Prerrogativas dos deputados
[editar | editar a fonte]Os deputados, o mesmo que os senadores, dispoñen de dúas importantes prerrogativas, que a Constitución lles recoñece, non con carácter de privilexio persoal, senón para protexer o exercicio das súas funcións. Inviolabilidade e inmunidade son propiamente garantías institucionais das Cámaras, das que gozan os seus membros en canto participan no desenvolvemento das funcións constitucionais asignadas ó Congreso dos Deputados.
- A inviolabilidade afecta ás opinións manifestadas e ós votos emitidos no exercicio do cargo representativo e supón a irresponsabilidade polos mesmos. Así e todo, esta irresponsabilidade non ten carácter absoluto, senón só en relación a terceiros estraños á Cámara. No ámbito interno, o deputado está suxeito ás normas de disciplina parlamentaria que, de acordo co Regulamento, aplican o presidente e a Mesa do Congreso.[Cómpre referencia]
- A inmunidade cobre os actos realizados polo deputado durante o período do seu mandato e supón a prohibición de ser inculpado ou procesado sen a previa aprobación do Congreso, e que a súa detención tan só sexa posible no caso de flagrante delito.[Cómpre referencia]
Os deputados perciben unha asignación económica con cargo ós orzamentos da Cámara, tendo dereito, asemade, a outras axudas (dietas), franquías e indemnizacións por gastos indispensables para o cumprimento das súas funcións.[Cómpre referencia]
Sede
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Palacio das Cortes.
O Palacio das Cortes é o edificio que alberga o Congreso dos Deputados. Está situado entre a rúa Zorrilla e a Carreira de San Xerome, a escasa distancia do Paseo do Prado, en Madrid. É un dos edificios emblemáticos do Madrid do século XIX, de estilo neoclásico.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Congreso dos Deputados |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Composición do Congreso dos Deputados de España
- Lista de presidentes do Congreso dos Deputados de España
- Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Mesa - Congreso de los Diputados". Consultado o 2022-06-28.
- ↑ 2,0 2,1 "Composición - Congreso de los Diputados". Consultado o 2022-06-28.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Chouza, Paula (2022-03-24). "La diputada de Unidas Podemos Meri Pita se marcha al Grupo Mixto por “la deriva orgánica” del partido". El País (en castelán). Consultado o 2022-03-29.
- ↑ 4,0 4,1 "La petición de reincorporación de Alberto Rodríguez al Congreso complica (aún más) la sustitución de su escaño". ElDiario.es (en castelán). 2022-01-05. Consultado o 2022-02-03.
- ↑ 5,0 5,1 Pinheiro, Carmen Moraga, Marcos (2022-02-08). "Pablo Cambronero, el diputado tránsfuga al que nadie llama". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 2022-04-11.
- ↑ "Régimen económico y ayudas de los señores diputados" (PDF) (en castelán). Consultado o 11 de junio de 2020.
- ↑ "Constitución Española (tradución oficial galega)" (PDF). BOE.