Candidatura d'Unitat Popular
Candidatura d'Unitat Popular (CUP) | |
---|---|
Confederación de asembleas locais | |
Dirixentes e organización | |
Líder | Núria Gibert e Quim Arrufat (voceiros) |
Historia | |
Fundación | 1986 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Independentismo catalán Pancatalanismo Anticapitalismo Socialismo Ecoloxía Feminismo |
Representación | |
Representación | 3 deputados (Parlamento catalán) |
Congreso dos Deputados | 2 / 350 |
Outros datos | |
Sede | Plaça de Gispert, 4, 1r Manresa |
Publicación | InfoCUP |
Na rede | |
cup.cat | |
A Candidatura d'Unitat Popular (coñecida tamén por as súas siglas, CUP; en galego Candidatura de Unidade Popular) é un partido político independentista catalán de esquerdas. Componse de asembleas locais autónomas que representan diferentes consellos e barrios da área de fala catalá.[1] Tradicionalmente, presentábanse só ás eleccións municipais, ata 2012, cando decidiron presentarse ás eleccións ao Parlamento Catalán.[2]
Ideoloxía
[editar | editar a fonte]Defenden a conversión dos chamados Países Cataláns (Països Catalans) nunha república independente. As bases do seu programa son a defensa da lingua e a cultura catalás, o anticapitalismo (piden a nacionalización das entidades financeiras que reciben diñeiro público), a igualdade entre todos os habitantes dos Países Cataláns (incluíndose inmigrantes e xente nova de máis de 16 anos), e a democracia participativa (co consello como base da organización política).[3] Agrupa militantes procedentes de diversas entidades e plataformas de esquerda, como por exemplo Poble Lliure[4], Endevant e Arran.
A CUP defende tamén a saída dunha hipotética Cataluña independente tanto da Unión Europea como da OTAN.
Dende as eleccións locais do 2011, teñen 104 concelleiros municipais, 11 concelleiros comarcais e 4 alcaldes en Cataluña.[5][6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.
- ↑ http://issuu.com/cupnacional/docs/cup-programa_politic_2012
- ↑ Poble Lliure emet un comunicat criticant amb duresa el vet de la CUP a Mas, nova en Wilaweb.cat o 6 de xaneiro de 2016.
- ↑ http://www.elpuntavui.cat/noticia/article/3-politica/17-politica/415440-els-resultats-de-la-cup-els-apropen-a-lesco-al-parlament.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2012. Consultado o 13 de novembro de 2012.