Poble Lliure
Poble Lliure (PL) é unha organización independentista e socialista catalá. Forma parte de Esquerra Independentista dels Països Catalans, espazo dende o que defende unha estratexia de unidade popular coas restante organizacións que integrantes.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Naceu en novembro de 2014, a partir da confluencia de militantes históricos de Esquerra Independentista das décadas de 1980 e 1990, de militantes do Moviment de Defensa de la Terra i de Maulets, dos sindicatos estudantís e de "xente vinculada a movementos de defensa do territorio, a habitación e os dereitos sociais"[2].
Poble Lliure considera a Candidatura d'Unitat Popular (CUP) como a organización de masas da unidades popular nos Països Catalans e está vinculada aos sectores esquerdistas e independentistas que, no seu momento, se mostraron partidarios de concorrer ás eleccións ao Parlament de Catalunya de 2012 e ás do Parlamento Europeo de 2014[3].
Aposta tamén por inserirse en plataformas amplas do que denominan "Poble en lluita" (plataformas de loita polo territorio, contra as liñas de alta tensión eléctrica, antimilitaristas, de solidariedade internacionalista, a Plataforma pel Dret a Decidir del País Valencià ou a Assemblea Nacional Catalana (ANC), expresión organizada do soberanismo en Cataluña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Neix "Poble Lliure", la nova organització estratègica de l'esquerra independentista, nova en Llibertat.cat o 30 de novembro de 2014.
- ↑ No podem renunciar a l'alliberament social i nacional dels Països Catalans, nova en Llibertat.cat o 7 de decembro de 2014
- ↑ Poble Lliure i Endavant: dues visions d’articular la unitat popular Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., nova en Directa.cat. o 3 de decembro de 2014