Pablo Echenique
Echenique no 2015. | |
Nome orixinal | (es) Pablo Echenique-Robba |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 28 de agosto de 1978 (46 anos) Rosario, Arxentina |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Representa: Unidas Podemos 3 de decembro de 2019 – xullo de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Zaragoza | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
3 de decembro de 2019 – xullo de 2023 Lexislatura: XIV lexislatura do Congreso de España Circunscrición electoral: Zaragoza Electo en: Q69822712 | |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
9 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019 (disolución do parlamento) Lexislatura: XIII Congreso de España Circunscrición electoral: Zaragoza | |
Deputado nas Cortes de Aragón | |
18 de xuño de 2015 – setembro de 2017 Circunscrición electoral: Zaragoza (en) Electo en: 2015 Aragonese regional election (en) | |
General secretary of Podemos Aragón (en) | |
14 de febreiro de 2015 – 13 de setembro de 2017 ← sen valor – Nacho Escartín → | |
Eurodeputado | |
Representa: Podemos 1 de xullo de 2014 – 14 de marzo de 2015 – Estefanía Torres Martínez → Circunscrición electoral: España | |
Datos persoais | |
Residencia | Zaragoza Madrid |
País de nacionalidade | España Arxentina |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Universidade de Zaragoza |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Madrid |
Ocupación | Científico titular no Instituto de Química Física Rocasolano do CSIC e colaborador extraordinario no departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas, científico do persoal (2009–) Consello Superior de Investigacións Científicas |
Partido político | Podemos (2014–) Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | María Alejandra Nelo Bazán |
Pablo Echenique Robba, nado en Rosario (Arxentina) o 28 de agosto de 1978, é un científico e político español, de orixe arxentina, que ostenta a dobre nacionalidade española e arxentina.[1] En 2015, foi elixido secretario xeral de Podemos en Aragón[2] e, en 2016, secretario de Organización de Podemos en España.[3] Nas eleccións europeas de 2014 foi elixido eurodeputado pola formación política Podemos. Actualmente é deputado nas Cortes Xerais, logo de ter sido elixido nas eleccións xenerais de 2019.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mudouse a Aragón cando tiña 13 anos e estabeleceuse en Zaragoza coa súa nai Irma e a súa irmá Analía. Sofre atrofia muscular espiñal —unha doenza hereditaria e dexenerativa— dende que era pequeno.[4] Por mor diso, ten unha discapacidade do 88 % e móvese en cadeira de rodas. A súa discapacidade foi unha das razóns polas que a súa familia emigrou a Aragón na procura de maiores oportunidades. O 9 de agosto de 2012 casou con María Alejandra Nelo Bazán, venezolana á que coñeceu na universidade cando ela estudaba o doutoramento.[1]
Traxectoria científica
[editar | editar a fonte]Echenique licenciouse en Ciencias Físicas no 2002 e obtivo o doutoramento na Universidade de Zaragoza no 2006 coa tese A bottom up physical approach from small peptides to proteins.[5] Investigou cunha bolsa posdoutoral no Instituto de Biocomputación e Física de Sistemas Complexos da Universidade de Zaragoza. No 2008, obtivo o premio "Romper Barreras" pola adaptación do seu despacho na universidade.[6] Dende 2009, é científico titular do CSIC no Instituto de Química Física Rocasolano. Tamén é colaborador extraordinario do departamento de Física Teórica da Universidade de Zaragoza.[4]
Traxectoria política
[editar | editar a fonte]Durante un breve período, estivo afiliado a Ciudadanos-Partido de la Ciudadanía.[7] Logo da fundación de Podemos en xaneiro de 2014, Pablo Echenique uniuse ó novo partido,[8] participando na creación do Círculo Discapacidade,[9] e presentándose como candidato nas primarias para elixir a lista nas eleccións europeas.[10] Os resultados deron a Podemos cinco cadeiras, grazas ó cal Echenique foi elixido eurodeputado.[11] En febreiro de 2015, foi elixido primeiro Secretario Xeral de Podemos en Aragón en primarias abertas e é deputado nas Cortes de Aragón dende o 18 de xuño de 2015. En outubro de 2017, foi substituído na secretaría xeral de Podemos-Aragón por Nacho Escartín.[12]
En 2017 a Inspección de Traballo impúxolle unha multa de 3.126 euros por non dar de alta a un asistente, 2.000 polas cotas defraudadas á Seguridade Social e 1.470 máis de recargas[13].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Mucha, Martín (1 de xuño de 2014). "El otro Pablo de Podemos". Crónica de El Mundo. Consultado o 26 de xuño de 2014.
- ↑ Riveiro, Aitor. "Luis Alegre gana Madrid por la mínima y Echenique barre en Aragón en las primarias de Podemos". eldiario.es. Consultado o 13-01-2018.
- ↑ Manetto, Francesco (02-04-2016). "Echenique, elegido por unanimidad número tres de Podemos". elpais.com. Consultado o 13-01-2018.
- ↑ 4,0 4,1 Materia, [1] Arquivado 05 de decembro de 2015 en Wayback Machine. consultado 4/12/2015
- ↑ Universidade de Zaragoza [2] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. consultado 4/12/2015
- ↑ Heraldo de Aragón [3] consultado 4/12/2015
- ↑ "Yo antes era neoliberal, lo confieso. Cascao y neoliberal". Blog "De retrones y hombres". 05-08-2013. Consultado o 13-01-2018.
- ↑ heraldo.es [4] consultado 4/12/2015
- ↑ eldiario.es [5] consultado 4/12/2015
- ↑ youtube [6] consultado 4/12/2015
- ↑ Ficha do Parlamento Europeo [7] consultado 4/12/2015
- ↑ "Nacho Escartín sustituye a Echenique como secretario general de Podemos Aragón". eleconomista.es. 05-10-2017. Consultado o 13-01-2018.
- ↑ Pablo Echenique sólo tendrá que abonar 7.000 euros de multa por pagar en negro a su asistente elconfidencialdigital.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pablo Echenique |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Pablo Echenique RobbaArquivado 14 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na páxina oficial de Transparencia de Podemos. (en castelán)
- Blog "De retrones y hombres". Eldiario.es. (en castelán)
- Ficha no Parlamento Europeo. (en castelán)