José Gómez Vázquez
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de febreiro de 1936 (88 anos) San Martiño de Anllo, España |
Alcalde de Sober | |
2009 – 2011 ← Raquel Arias – Luis Fernández Guitián → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
José Gómez Vázquez, nado en San Martiño de Anllo (Sober) o 20 de febreiro de 1936, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi recolledor de leite. Entrou en política como concelleiro de Sober en 1973 da man do alcalde Jesús Vázquez Pérez. Continuou como concelleiro xa na democracia, sempre na candidatura de Jesús Vázquez (primeiro en UCD, logo en AP e finalmente no PPdeG). Dende 1989 foi 1º Tenente de alcalde do concello. Continuou na candidatura do PPdeG con Raquel Arias e tamén como 1º Tenente de alcalde. Converteuse en alcalde de Sober o 29 de xaneiro de 2009, cando Raquel Arias presentou a dimisión para encabezar a lista do PPdeG ás eleccións autonómicas pola provincia de Lugo.
Predecesor: Raquel Arias Rodríguez |
Alcalde de Sober 2009 - 2011 |
Sucesor: Luis Fernández Guitián |