Saltar ao contido

María Esther Vázquez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMaría Esther Vázquez
Biografía
Nacemento4 de agosto de 1937 Editar o valor en Wikidata
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 2017 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza cerebrovascular Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de Filosofía e Letras da Universidade de Buenos Aires Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, xornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Nación (1964–) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeHoracio Armani Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX958945

María Esther Vázquez, nada en Buenos Aires o 4 de agosto de 1937 e finada no mesmo lugar o 25 de marzo de 2017, foi unha escritora arxentina, colaboradora e biógrafa de Jorge Luís Borges e de Vitoria Ocampo.[1][2]

O seu pai e sete dos oito bisavós eran galegos.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla única, a súa infancia deorreu rodeada do afecto materno e coa presenza da súa avoa, nunha sorte de matriarcado, xa que tanto a súa nai (oriúnda de Vilanova de Arousa) como a súa avoa enviuvaron moi novas. Aos 16 anos, ingresou na carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Buenos Aires. En 1957, empezou a traballar no Departamento de Extensión Cultural da Biblioteca Nacional, da rúa México, onde coñeceu ao escritor Jorge Luís Borges.

En 1965, casou co poeta e ensaísta Horacio Armani (nado en Trenel, A Pampa o 30 de setembro de 1925), con quen estivo casada até a morte deste, o 31 de maio de 2013.[4]

É autora dos libros de contos Los nombres de la vida e Desde la niebla, entre outros; dos ensaios Introducción a la literatura inglesa e Literaturas germánicas medievales —escritos en colaboración con Jorge Luís Borges—; e as biografías Vittoria Ocampo e Borges. Esplendor y derrota. Como columnista do diario La Nación, publicou máis de mil cincocentos artigos. Faleceu o 25 de marzo de 2017 aos 79 anos de idade por mor dun derramo cerebral hemorráxico.[5]

Foi colaboradora de Borges nos breves manuais: Introducción a la literatura inglesa (1965) e Literaturas germánicas medievales (1966) –que é onde Borges revisa e corrixe Antiguas literaturas germánicas (1951), escrito en colaboración con Delia Ingenieros.

Para Literaturas germánicas medievales, nas súas palabras a súa participación reduciuse a ser lectora e escriba; a diferenza do que sucedeu coa obra sobre literatura inglesa, alí entende que tivo unha achegua activa.Entre outros, foi capaz de abrir en Borges o coñecemento da obra de D. H. Lawrence, máis aló dos prexuízos que este tiña co autor inglés.

Este itinerario comeza para María Esther Vázquez cando sendo alumna da carreira de Letras ingresa no Departamento de Extensión Cultural da Biblioteca Nacional (1957), deu dúas biografías sobre Borges, esplendor y derrota (1996, Premio Comillas, Editorial Tusquets) e Borges, sus días y su tiempo.

Dentro desta relación, unha nota nada menor é que el lle dedica un dos seus logros poéticos máis altos, o “Poema de los dones” (1958), incluído na compilación de prosas e poemas titulada El hacedor (1960). María Kodama desde que foi declarada herdeira dos dereitos de Borges borrou tal dedicatoria.

María Esther Vázquez cóntao en Borges. Esplendor y derrota: “En decembro de 1958 Borges escribiu o “Poema de los dones”, incluído El hacedor, que apareceu en 1960. Posteriormente e en edicións sucesivas, Borges dedicoumo. Dedicatoria que persistiu até a súa morte; logo foi borrada. O editor B. do Carril dixo que foi unha orde dada por quen herdou os dereitos de Borges, María Kodama”.

O seu labor como investigadora e biógrafa non se limita a Borges, tamén nos entregou importantes traballos sobre Vitoria Ocampo –o último deles no ano 2002: Vitoria Ocampo. O mundo como destino– e sobre Mujica Láinez, de quen foi gran amiga. A súa obra comezou cun temperán conxunto de contos: Los nombres de la morte (1964) e chega a Estrategias de la pena (2014), obra na que reúne parte da súa poesía. No futuro, probablemente, aparezan apuntamentos, proxectos, que dean lugar a obras póstumas. Os escritores sempre deixan entre as súas pertenzas esas cerimonias anónimas.

Neses anos finais, nos que lle tocou despedirse entre outros do seu compañeiro, o eximio tradutor e poeta Horacio Armani (1925-2013), podíase vela en distintos actos, pero especialmente activa na Fundación Vitoria Ocampo.

  • Desde la niebla (1988). Cuentos. Emecé, Buenos Aires.
  • La memoria de los días (2004). Emecé, Buenos Aires.
  • Crónicas del olvido (2004). Editorial Victoria Ocampo, Buenos Aires.
  • Estrategias de la pena (2014). Fundación Victoria Ocampo, Buenos Aires. Poesía.
  • Introducción a la literatura inglesa (1965). Con Jorge Luis Borges. Columba, Buenos Aires.
  • Literaturas germánicas medievales (1966). Con Jorge Luis Borges. Falbo Librero Editor, Buenos Aires.
  • El mundo de Manuel Mujica Lainez (1983). Fundación Editorial de Belgrano, Buenos Aires.

Biografía

[editar | editar a fonte]
  • Victoria Ocampo (1993). Planeta, Buenos Aires.
  • Borges. Esplendor y derrota (1696). Tusquets, Buenos Aires.
  • Borges, sus días y su tiempo (1999). Vergara Editor, Buenos Aires.
  • Victoria Ocampo. El mundo como destino (2002). Seix Barral, Buenos Aires.

Entrevista

[editar | editar a fonte]
  • Butler. Conversaciones con María Esther Vázquez (2001). Ministerio de Cultura de Buenos Aires, Buenos Aires.
  • 1987: Premio Konex
  • 1995: Premio Comillas da Editorial Tusquets
  • 1997: Premio da Feira Internacional do Libro de Buenos Aires
  • 2004: Premio Conex
  • 2012: Premio Rosalía de Castro do Centro PEN Galicia.[6]
  • 2012: Medalla de ouro daFederación de Sociedades Españolas da Arxentina: Medalla da Emigración.[7]
  1. "María Esther Vázquez: maestra del cuento y protagonista de una época". www.lanacion.com.ar (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  2. Factory, Troop Software. "María Esther Vázquez Fundación Konex". www.fundacionkonex.org (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  3. OpenHost,SL. "María Esther Vázquez, una escritora argentina de raíces gallegas". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2020-12-29. 
  4. "Entrevista a María Esther Vázquez". elgranotro.com.ar. 
  5. "Fallece la escritora argentina de origen gallego María Esther Vázquez, que trajo a Borges a Santiago". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-03-27. Consultado o 2020-12-29. 
  6. asociacionescritoras-es. "O Centro PEN de Galicia entrega os premios Rosalía de Castro Axenda cultural AELG". Consultado o 2020-12-29. 
  7. OpenHost,SL. "María Esther Vázquez, una escritora argentina de raíces gallegas". Crónicas de la Emigración (en castelán). Consultado o 2020-12-29.