María Eugenia Rodríguez Palop
![]() (2019) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de marzo de 1970 ![]() Llerena, España ![]() |
![]() | |
Representa: Podemos 2 de xullo de 2019 – Lexislatura: IX lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Pontificia Comillas Universidade Carlos III de Madrid ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xurista, investigadora, avogada, columnista, profesor titular, ensaísta, política ![]() |
Empregador | Universidade Carlos III de Madrid ![]() |
Participou en | |
25 de febreiro de 2020 | Manifesto por unha política migratoria e de asilo propia dunha sociedade democrática avanzada |
11 de xuño de 2018 | manifesto «Anovar o pacto constitucional» ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
María Eugenia Rodríguez Palop, nada en Llerena (provincia de Badaxoz) o 9 de marzo de 1970, é unha xurista e política española, profesora de filosofía do dereito na Universidade Carlos III de Madrid, especializada en dereitos humanos.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmá de María Isabel, responsable de comunicación da dirección xeral de Turismo da Xunta de Estremadura e de María Luisa, correspondente de TVE en París.[3][4][5][6] Licenciouse en dereito pola Universidade Pontificia Comillas en 1993 e obtivo o doutoramento na Universidade Carlos III de Madrid (UC3M) no ano 2000.[7]
Investigadora do Instituto de Estudios de Género e mais do Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas da UC3M, foi un dos 60 académicos asinantes en xuño de 2018 dun manifesto reclamando a reforma da Constitución española para lle dar pulo a un «proxecto político federal».[8]
En marzo de 2019, co anuncio da renuncia de Pablo Bustinduy a encabezar a lista da coalición Unidas Podemos cambiar Europa para as eleccións ao Parlamento Europeo de 2019, Podemos e Bustinduy anunciaron que Palop, como independente, ocuparía o lugar de Bustinduy na candidatura.[9]
Obras
[editar | editar a fonte]- La nueva generación de derechos humanos. Origen y justificación (Dykinson, 2002)
- Claves para entender los nuevos derechos humanos (Catarata, 2011)
- Revolución feminista y políticas de lo común frente a la extrema derecha (Icaria, 2019)[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Reivindican los movimientos sociales en apoyo de los ayuntamientos del cambio". Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ "Palop sobre el gobierno de Sánchez: «Vamos a ver si es un gobierno feminista»". Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ "«La política de muros de la UE deja atrás a los más vulnerables»". 29 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ "Curriculum vitae de María Eugenia Rodríguez Palop" (PDF). enero de 2018. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de setembro de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ "50 miradas de fuera de Catalunya sobre el 2-O". Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ "La extremeña María Eugenia Rodríguez Palop encabeza la lista de Podemos a Europa".
- ↑ "Nuevas incorporaciones al Patronato de FUHEM". FUHEM. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2019. Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ Vizoso, Sonia. "60 juristas, politólogos e historiadores piden una reforma federal para salir del atolladero catalán". Consultado o 25 de febreiro de 2019.
- ↑ Romero, Alexis. "Bustinduy abandona la candidatura de Podemos a las europeas y la primera línea política". Consultado o 21 de marzo de 2019.
- ↑ Yanke, Rebeca. "¿Son el hartazgo y la ira las gasolinas del feminismo actual?". Consultado o 22 de marzo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: María Eugenia Rodríguez Palop ![]() |