María Francisca de Isla y Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1734 Santiago de Compostela, España |
Morte | 1808 (73/74 anos) Santiago de Compostela, España |
Actividade | |
Ocupación | poetisa, escritora |
Familia | |
Cónxuxe | Nicolás Jacinto de Ayala |
Fillos | non tivo |
María Francisca de Isla y Losada, nada en Santiago de Compostela en 1734 e finada na mesma cidade en 1808,[1] foi unha escritora e editora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu dun matrimonio acomodado, Isla-Losada, foi a número seis de nove irmáns (tres varóns e seis mulleres) e pasou a súa infancia no Pazo de Altamira. Criouse co seu irmán, o relixioso, José Francisco de Isla e sempre mantivo con el unha relación estreita, a pesar de estaren separados. No ano 1754 casou con Nicolás Jacinto de Ayala en Santiago, e foi no ano 1774 cando enviuvou despois de vinte anos de matrimonio.
Nesta época ás mulleres estáballes prohibido o acceso ás aulas universitarias mais isto non lle impediu acadar unha excelente formación cultural; frecuentaba faladoiros en conventos e casas fidalgas, o que fixo que iniciase amizades literarias, coas que permaneceu o resto da súa vida. Esta educación nun ambiente culto e señorial influíu na súa traxectoria; desde moi nova era unha persoa curiosa e con interese cultural. Fíxose coñecida na sociedade co nome de “Perla Gallega” e “Musa Compostelana”. Acadou fama de muller intelixente e de vivo enxeño ata chegar á Prensa madrileña daquela época como curiosidade digna de ser difundida.
Morreu na súa casa da Rúa Nova de Santiago no ano 1808, aos setenta e tres anos e sen sucesión.
Obras
[editar | editar a fonte]A pesar do seu enxeño e dos escritos que realizou, non quixo que estes perdurasen e pouco antes de morrer, destruíu a maior parte das súas poesías, polo que non existen publicacións ao seu nome, tan só recompilacións dalgunhas das súas poesías e cartas. Algunhas das súas composicións están escritas en galego (romance galego dirixido ao cura de Fruíme Diego Antonio Cernadas de Castro), nun século no que non abundan as composicións da lingua vernácula.
Soneto: O poema é a resposta dun soneto que Cernadas lle escribiu á autora despois de saber que Francisco Alejandro de Bocanegra y Xibaja fora proposto polo rei para ocupar a vacante arcebispal en Compostela. Trata o tema da súa viuvez.
Romance: O romance data de 1775, reflicte o seu estado de saúde, evidenciando a súa situación física e psíquica tras a morte do seu marido (catro meses antes). Foi escrito ao cura de Friume.
Despedida de Lidia y Armindo: Son tres poemas que falan do amor e expresan a despedida destes dous amantes -Lidia e Armindo- cando el parte á guerra; reflicte a dor da muller que sofre. Corresponde ao xénero lírico da poesía neoclásica. Ten un ritmo irregular de tema amoroso e reiterativo. Está feito durante o período de madurez da autora, cando ela tiña trinta e seis anos de idade, aos quince anos de casada.
Dimensións da obra
[editar | editar a fonte]Existe un estudo biográfico-literario de Carlos García Cortés (2007) -o máis documentado- que divide a obra en tres dimensións:[1]
A poético-literaria
[editar | editar a fonte]Na que se encadra: Despedida de Lidia y Armindo (1770, Biblioteca Nacional de Madrid, Ms 22.058). Décima al arzobispo Bocanegra (1772)(BXUSC, Ms. 631.). Soneto al arzobispo Bocanegra (1772), e Romance al Cura de Fruime (1775). Edición de C.Martínez Barbeito, BRAG, XXVIII, nn 321-25 -1957-, 17-36.
A epistolar
[editar | editar a fonte]A maior parte das poesías e cartas da autora foron destruídas por ela mesma. Probablemente fora un epistolario abundante en exemplares escritos, aínda que pouco diversificado en destinatarios.
Como editora
[editar | editar a fonte]A dimensión como editora de escritos do seu irmán, que ela editou e publicou postumamente, e a colaboración xunto con outros escritores, como o caso de José Ignacio de Salas (pseudónimo do xesuíta santiagués Juan José Tolrá, coñecido no eido cultural compostelán e amigo da familia Isla-Losada), na publicación da biografía de José Francisco de Isla.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 García Cortés, Carlos (2007). María Francisca de Isla y Losada (1734-1808), una conexión en la Compostelana de la Ilustración (en castelán). IEGPS. ISBN 978-84-00-08608-4.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Isla Losada, María Francisca de". Diccionario enciclopédico galego universal 35. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 53. ISBN 84-7680-429-6.
- "Isla Losada, María Francisca de". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 206.
- "Isla y Losada, María Francisca". Diciopedia do século 21 2. Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1146. ISBN 978-84-8288-942-9.
- "Isla Losada, María Francisca de". Enciclopedia Galega Universal 10. Ir Indo. 1999-2002. p. 451. ISBN 84-7680-288-9.
- Alvarellos, Enrique (1993). "Isla y Losada, Mª Francisca". Mulleres destacadas de Galicia. Alvarellos. p. 146. ISBN 84-85311-96-5.
- Blanco García, Carmen (1991). Literatura galega da muller. Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-560-6.
- Couceiro Freijomil, A. (1951-54). "Isla y Losada, María Francisca". Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) II. Bibliófilos Gallegos. p. 247.
- Chao Espina, Enrique (2005). "Isla y Losada, María Francisca". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992). "Isla y Losada, María Francisca de". Diccionario de escritores en lingua galega. Do Castro. p. 619. ISBN 978-84-7492-465-7.
- García Cortés, Carlos (2007). María Francisca de Isla y Losada (1734-1808), una conexión en la Compostelana de la Ilustración (en castelán). IEGPS. ISBN 978-84-00-08608-4.
- Gómez, A.; Queixas, M. (2001). Historia xeral da literatura galega. A Nosa Terra. p. 88. ISBN 84-95350-79-3. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2017. Consultado o 27/10/2017.
Francisca Isla Losada é autora dun "Romance…
- Marco, Aurora (2007). "Isla y Losada, María Francisca de". Dicionario de Mulleres Galegas. A Nosa Terra. p. 220. ISBN 978-84-8341-146-9.
- Vilavedra, D., ed. (1995). "Isla y Losada, María Francisca de". Diccionario da Literatura Galega. I. Autores. Galaxia. p. 299. ISBN 84-8288-019-5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Barreiro Barreiro, José Luís: "Muller de letras na Ilustración" Álbum de mulleres, Consello da Cultura Galega
- Barreiro Barreiro, José Luís: Fragmentos de poemas de María Francisca de Isla y Losada, CCG, 2008.
- C. Pico, Raquel: "A prodixiosa escritora que era quen de escribir 12 cartas á vez", Disquecool, 17/5/2016.