Saltar ao contido

Mabel Loza García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «María Isabel Loza García»)
Modelo:BiografíaMabel Loza García
Nome orixinal(es) Mabel Loza Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) María Isabel Loza García Editar o valor en Wikidata
7 de xullo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Tapia de Casarego, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSantiago de Compostela
Formación profesionalDoutora en Farmacia (1987)
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Q89547790Coordinadora do grupo de investigación BioFarma
Actividade
Ocupaciónfarmacóloga, profesora, investigadora Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Membro de
Premios
Membro da Real Academia de Farmacia de Galicia desde o ano 2013
Premio do Foro de Empresas Innovadoras (FEI) na modalidade de investigadora (2018)

BUSC: loza-garcia-maria-isabel-1961 Dialnet: 3297449

María Isabel Loza García, nada en Tapia de Casarego o 7 de xullo de 1961[1] é unha científica asturiana, coñecida como Mabel Loza.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela.[1] Posteriormente trasladouse á Universidade de Oviedo onde fixo o doutoramento en 1987[2], cunha tese lida en Santiago de Compostela titulada "Comparación experimental de algunos efectos deseables e indeseables de la dipirona sódica y la dipirona magnésica", dirixida polo doutor Fernando de Andrés Rodriguez Trelles.

Realizou varias estancias nos Departamentos de Fisioloxía, Biofísica e Anestesioloxía do Centro Médico Monte Sinaí de Nova York, durante o período de 1992 a 1994.[1]

Labor docente e investigador

[editar | editar a fonte]

María Isabel Loza García é, desde abril de 2011, catedrática de Farmacoloxía da Universidade de Santiago.[1]

Dirixiu 17 teses de doutoramento e máis de 50 traballos de investigación de posgrao. Tamén é revisora ​​de varias revistas nas áreas de farmacoloxía, química médica e descubrimento de novos fármacos.[3]

Patroa fundadora e codirectora científica da Fundación Kærtor, unha iniciativa galega de alcance global, pioneira en innovación aberta e codesenvolvemento público-privado no descubrimento de fármacos. Dá continuidade aos resultados do proxecto Innopharma da USC, xunto co profesor Ángel Carracedo, especialista en medicina xenómica.[4] Nesta fundación, cunha activa participación en programas públicos e privados no ámbito do descubrimento temperán de fármacos en España e en Europa, Loza participou como investigadora en máis de 90 proxectos, en 70 deles como investigadora principal. Participou no descubrimento de 11 candidatos a fármacos que chegaron a ensaios clínicos en pacientes, dentro de programas de transferencia de I+D coa industria farmacéutica.[3]

O seu labor especializouse no desenvolvemento de proxectos de colaboración entre a Universidade de Santiago e a industria farmacéutica, para a elaboración de fármacos innovadores. Participou na creación da plataforma de cribado de fármacos da USC, é coordinadora da Rede Galega de Descubrimento de Fármacos e da Rede de Excelencia Española de Descubrimento de Fármacos,[3] e liderou a Rede Galega de I+D de Medicamentos. Foi incluída no programa internacional L'Oréal-Unesco For Women in Science, co libro titulado Nosotras biocientíficas españolas, e seleccionada pola European Federation of Pharmaceutical Industries and Associations (Efpia) entre os 30 scientist from 30 countries na iniciativa Portraits of Science-Scientists of Tomorrow.[5]

Entre outras responsabilidades, é membro do Pleno da Unidade Muller e Ciencia de Galicia, que concede o Premio María Wonenburger,[6] creado en 2007 pola Unidade Muller e Ciencia da Xunta de Galicia.[7]

Loza participa activamente no desenvolvemento de redes e novos modelos de innovación aberta no descubrimento temperán de medicamentos. É a coordinadora do grupo de investigación e de formación de persoal investigador BioFarma.[8] Dirixe a plataforma descreening de fármacos da Universidade de Santiago, unha das nove plataformas de descreening de alta capacidade, e a única de farmacoxenómica, e representante do nodo da USC na Plataforma Europea de Infraestruturas de Screening EU-OPENSCREEN da iniciativa ESFRI.[1][3]

Foi unha das artífices da posta en marcha en Santiago de Compostela do programa UNIEMPRENDE, unidade de avaliación de compostos in vitro situado no edificio Emprendia, no Campus Vida, segundo un modelo de colaboración público-privada, que vincula á USC e aos Laboratorios Esteve. Esta unidade foi inaugurada o día 4 de outubro de 1998,[9] nun acto ao que asistiron o reitor da USC, Juan Casares Long; a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas; o director xeral de I+I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, Ricardo Capilla; o presidente de Laboratorios Esteve, Antoni Esteve; e a propia Mabel Loza, como coordinadora do grupo de investigación BioFarma. É a primeira unidade en Galicia de natureza mixta en I+D farmacéutica e a segunda en España. Esta unidade, cunha vixencia de cinco anos prorrogábel, dedícase ao desenvolvemento e implementación de métodos robotizados de determinación da actividade farmacolóxica in vitro de potenciais novos axentes para o tratamento da dor e da inflamación. Mabel Loza destacou no acto de inauguración que esta unidade «cambia completamente o modelo tradicional de transferencia por outro flexíbel baseado na calidade, na confianza mutua e na eficiencia para levar antes e co menor custe novos medicamentos aos pacientes», unha forma diferente de orientar a investigación para unha transferencia o máis inmediata posible, na que o grupo BioFarma e a USC son pioneiros desde 1998.[10]

Como empresaria, promoveu a fundación de tres compañías (Pharmatools Digital Interactive S.L., Allelyus e Oncostellae).[3][5]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Mabel Loza publicou diversos libros e capítulos de libros, e 136 artigos en revistas científicas indexadas no Journal Citation Report.[3] Entre eles:[11]

  • "Telematics in community pharmacies to support responsible self-medication. The TESEMED project". (Con Sanz, F.; Ahlgrimm, E. D.; Baetens, P.; Cuypers, J.; Cranz, H.; Coronel, M-; Fernández-López, J. L.; De Mora, A. e Sosa-ludicissa, M.). En: Brender, J.; Christensen, J. P.; Scherrer, J.-R. e McNair, P., eds. Medical Informatics Europe '96. Amsterdam: IOS Press, 1996, pp. 141–145, ISBN 9-0519-9278-5.
  • "Transmisión serotonérgica. Tipos de receptores. Agonistas y antagonistas". (con Cadavid, M. I.). En: Consejo General de Colegios oficiales de Farmacéuticos de España, editores. Farmacología y Farmacoterapia: Farmacología del Sistema Nervioso. Módulo III. Madrid: Acción Médica, 1998, pp. 155–176.
  • "Telematics applications to support the role of the community pharmacists as self-medication advisors" (Con Sanz, F.; Silveira, C.; Alonso, A.; Díaz, C.; Cordero, L.; Fernández-Llimós, F.; Tiddens, L.; Giorgio, F.; Cranz, H.; Mircheva, J. e the TESEMED Consortium). En: Kokol, P.; Zupan, B.; Stare, J.; Premik, M. e Engelbrecht, R., eds. Medical Informatics Europe '99. Amsterdam: IOS Press, 1999, pp. 764–767, ISBN 0-9673-3551-5. (Resume).
  • "Fuentes de información sobre medicamentos utilizadas por los farmacéuticos comunitarios de Galicia". (Con Luis Cordero e Fernando Fernández-Llimós). Pharmaceutical care España, ISSN 1139-6202, Vol. 2, Nº. 2 (mar.-abr. 2000), pp. 108–122.
  • "El proyecto TESEMED: aprender en las farmacias comunitarias utilizando la telemática". Pharmaceutical care España, ISSN 1139-6202, Vol. 2, Nº 6 (nov.-dec. 2000), pp. 440–443.
  • "Protocolos para trastornos menores del proyecto TESEMED: gripe y resfriado". (Con Luis Cordero, María Isabel Cadavid, Flora Giorgio, e Fernando Fernández-Llimós) Pharmaceutical care España, ISSN 1139-6202, Vol. 3, Nº 1 (xan.-feb. 2001), pp. 5–21.
  • "Protocolos para trastornos menores del proyecto TESEMED. Tos". (Con Luis Cordero, María Isabel Cadavid, Flora Giorgio e Fernando Fernández-Llimós). Pharmaceutical care España, ISSN 1139-6202, Vol. 3, Nº. 2 (mar.-abr. 2001), pp. 77–92.
  • "Protocolos para trastornos menores del proyecto TESEMED. Hemorroides". (Con Luis Cordero, María Isabel Cadavid, Flora Giorgio e Fernando Fernández-Llimós). Pharmaceutical care España, ISSN 1139-6202, Vol. 3, Nº. 5 (set.-out. 2001), pp. 324–336.
  • "Protocolos para trastornos menores del proyecto TESEMED: Estreñimiento. (Con Luis Cordero, Flora Giorgio, María Isabel Cadavid, María de los Angeles Gato González e Fernando Fernández-Llimós). Pharmaceutical care España, ISSN 1139-6202, Vol. 3, Nº. 3 (mai.-xuñ. 2001), pp. 155-174.
  • "Autacoides I. Histamina y antihistamínicos. Serotonina y antiserotonímicos". (Con Mengod, G. e Cadavid, M. I.). En: Velasco, A.; San Román, L.; Serrano, J.; Martínez-Sierra, R. e Cadavid, M. I., eds. Farmacología Fundamental. Madrid: McGraw-Hill Interamericana; 2003. pp. 141–166. ISBN 84-4860-427-X.
  • "Sistema de Información farmacéutica". (con Echarri, E.; Cadavid, M. I.; Cordero, L. e Sanz, F.). En: Belmonte, M. A.; Coltell, O.; Maojo, V.; Mateu, J. e Sanz, F., eds. Manual de Informática Médica. Barcelona: MRA ediciones, 2003. pp. 401–413, ISBN 84-9334-810-4.
  • "La bioinformática como soporte a las nuevas estratégias farmacogenéticas y farmacogenómicas". (Con Bonis, J. e Sanz, F.). En: Martín, F. e López, V., eds. Informática Biomédica. Madrid: INBIOMED, 2004, pp. 247–258.
  • "Tratamiento de la tos". (Con Cadavid, M. I.). En: López, A.; Moreno, L. e Villagrasa, V., eds. Manual de Farmacología. Guía para el uso racional del medicamento. 2ª edición. Madrid: Elsevier España S. A., 2006. pp. 132–142. ISBN 978-84-9113-113-7. (Resume).
  • "El presente y el futuro de la investigación traslacional en psiquiatría". (Con Caruncho, H. J.) Revista gallega de psiquiatría y neurociencias, ISSN-e 1138-5189, Nº. 8, 2006, pp. 3–5.
  • "El presente y el futuro de la investigación traslacional en psiquiatría" (con H. J. Caruncho). Revista gallega de psiquiatría y neurociencias, ISSN-e 1138-5189, Nº 8, 2006, pp. 3–5.
  • "El autoconsumo de medicamentos". (Con Cordero, L.; Cadavid, M. I.; Faba, G. e Sanz, F.). En: Baños, J. E. e Bigorra, J., editores. La proyección social del medicamento. Monografías Dr. Atonio Esteve. Barcelona: Fundación Dr. Atonio Esteve, 2007. pp. 41–49. ISBN 978-84-9354-656-4.
  • "Reflexiones sobre la formación en investigación y desarrollo de medicamentos". (Con Algorta, J. e Luque, A., coordinadores). Cuadernos de la Fundación Dr. Antonio Esteve nº 10. Barcelona: Prous Science S. A., 2007.
  • "Allosteric modulation of 5-HT2B receptors by celecoxib and valdecoxib. Putative involvement in cardiotoxicity". (con Nieto, A.; Brea, J; Cadavid, M. I.; Mestres, J.; Sánchez-Sellero, I.; Gallego, R. e Fraga, M.) En: Loza, M. I.; López, V.; Martín, F. e Pazos, A., eds. "Advances in biomedical informatics: COMBIOMED". A Coruña, 2011. pp. 67–79.
  • Therapeutic targets: modulation, inhibition and activation (con L. M. Botana). New Jersey: John Wiley & Sons, Inc., 2012. ISBN 978-0-4705-8719-5.
  • "New approaches applied to drug screening" (con J. Brea). En: Botana, L. M. e Loza, M., editores, Therapeutic targets: modulation, inhibition and activation. New Jersey: John Wiley & Sons, Inc., 2012, pp. 455–476. ISBN 978-0-4705-8719-5.
  • "Scientific requirements for the next generation semantic web-based chemogenomics and systems chemical biology molecular information system OPS". (con Jacoby, E., Azzaoui, K., Senger, S., Cuadrado Rodríguez, E., Zdrazil, B., Pinto, M., Williams, A.J., de la Torre, V., Mestres, J., Taboureau, O., Rarey, M., Chichester, C., Blomberg, N., Harland, L. e Ecker, G.F.). En: E. Jacoby, ed. (2014): Computational Chemogenomics. Singapore: Pan Stanford Publishing, páxs. 213-242.

Recoñecemento

[editar | editar a fonte]

Académica de número na Real Academia de Farmacia de Galicia desde o 2013.[1] En 2019 recibiu o Premio María Josefa Wonenburguer.[12]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 María Isabel Loza García Arquivado 27 de outubro de 2021 en Wayback Machine. na web da Real Academia de Farmacia de Galicia.
  2. "Asturianos Ilustres: Mabel Loza García". Asturianos Ilustres. Consultado o 2019-11-23. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 La directora de la Fundación Kærtor, Mabel Loza, premio Investigadora Innovadora 2018 Fundación Kærtor.
  4. A Fundación Kærtor.
  5. 5,0 5,1 "Loza, Mabel". gadeaciencia.org (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de xaneiro de 2021. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  6. Mabel Loza Arquivado 23 de agosto de 2019 en Wayback Machine. en lastop100.com.
  7. Unidade de Muller e Ciencia de Galicia Arquivado 10 de setembro de 2019 en Wayback Machine..
  8. Páxina web de BioFarma (en castelán), (en inglés).
  9. "UNIEMPRENDE. [[USC]].". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2019. Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  10. "Mabel Loza". igualdade.xunta.gal. Consultado o 12 de febreiro de 2021. 
  11. Mabel Loza García. Biofarma Group Coordinator Arquivado 27 de outubro de 2021 en Wayback Machine..
  12. Redacción (2019-10-09). "A catedrática da USC Mabel Loza gaña o Premio Wonenburger". GCiencia. Consultado o 2019-10-10. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]