María Isabel Urrutia
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1965 ![]() Candelaria, Colombia ![]() |
Ministra do Deporte de Colombia | |
7 de agosto de 2022 – 27 de febreiro de 2023 ← Guillermo Herrera Castaño | |
Membro da Cámara de Representantes de Colombia | |
20 de xullo de 2002 – 20 de xullo de 2010 ![]() | |
Datos persoais | |
Outros nomes | La negra de oro[1][2] |
Altura | 170 cm ![]() |
Actividade | |
Ocupación | halterófila, atleta, política ![]() |
Período de actividade | 1981 ![]() ![]() |
Partido político | Polo Democrático Alternativo ![]() |
Deporte | halterofilia atletismo ![]() |
Disciplina deportiva | Lanzamento de disco Lanzamento de peso ![]() |
Participou en | |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
1988 | Xogos Olímpicos de 1988 ![]() |
Descrito pola fonte | Dictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography ![]() |
![]() ![]() ![]() |
María Isabel Urrutia Ocoró, nada en Candelaria, Valle del Cauca[3] o 25 de marzo de 1965, é unha deportista e política colombiana. Gañou a primeira medalla de ouro para Colombia, nos Xogos Olímpicos de 2000. Tamén foi campioa do mundo no Campionato Mundial de Halterofilia de 1990 e 1994. Foi a primeira medallista de ouro do seu país nun Campionato Mundial de Halterofilia; no presente é a encargada de dirixir a liga de levantamento de pesas en Bogotá.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]María Isabel Urrutia Ocoró naceu no concello de Candelaria, sendo os seus pais Pedro Juan e Nelly.[4] Sendo aínda nena, a súa familia radicouse no barrio Mariano Ramos da cidade de Cali.[5][6] Medrou nunha familia numerosa xunto cos seus pais e 4 irmáns. Foi descuberta xogando nas rúas do seu barrio polo seu veciño Daniel Balanta, quen lle propuxo practicar atletismo e ela aceptou decontado.[5][7] Cando Urrutia tiña 13 anos debía camiñar unha hora de ida e volta para adestrar no estadio de atletismo en Cali, xa que non tiña cartos para o bus. Logo de conseguir traballo servindo café, foi despedida por pedir permiso para participar nunha competición en Chile. Con 20 anos comezou a traballar como operadora telefónica de EMCALI polas mañás, adestrando polas tardes e estudando polas noites,[5][7][3][8] o seu traballo exerceuno até a súa participación nos Xogos Olímpicos de 2000.[9][10]
Logo da súa participación nos Xogos Olímpicos de 1988, o adestrador búlgaro Gantcho Karouskov recomendou a Urrutia cambiar de deporte xa que a súa contextura física era axeitada para ser unha campioa no levantamento de pesas.[11][3] Ese mesmo ano comezara a participación das mulleres neste deporte. Logo dunha década baixo o adestramento de Gantcho, Urrutia gañou nove medallas nos Campionatos Mundiais de Halterofilia. En 1999, con 34 anos, Urrutia pensou en retirarse da competencia deportiva. Ese mesmo ano, o Comité Olímpico Internacional incluíu a halterofilia feminina como un evento olímpico por vez primeira.[12][11] Por tal razón, pospuxo o seu retiro para despois dos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney. [9]
Urrutia competiu un ano máis, esta vez a nivel continental, mais un caso de dopaxe provocou o seu retiro do deporte. Logo de deixar a competencia deportiva, licenciouse en Educación Física e Deporte con énfase en pedagoxía pola Universidade Adventista de Medellín, sendo tamén especialista en dereitos humanos e da muller pola Escola de Xénero da Corte Penal Internacional e en dereitos humanos e de xénero na Escola de Xénero da Corte Interamericana de Washington.[13] Comezou a súa carreira política sendo membro da Cámara de Representantes de Colombia dende 2002 a 2010, sendo autora de varios proxectos de lei. Foi tamén candidata á alcaldía de Cali nas eleccións dos períodos 2011 e 2015. Logo de gañar a medalla olímpica de ouro, Urrutia converteuse nunha figura pública para o país, e foi recoñecida con gran cantidade de homenaxes. Ese é o caso do coliseo de combate construído no barrio no que medrou, bautizado co nome de "María Isabel Urrutia".[14][15][6] É tamén unha convidada habitual nas mesas de análises dos distintos eventos multideportivos nos que compite a selección colombiana de halterofilia.[16][17][18][19]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ CANTILLO, JOYCE (9 de agosto de 2009). "La hazaña de una guerrera". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2020. Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ "La pesista , María Isabel Urrutia, contrae nupcias con su entrenador". Caracol Radio. 16 de decembro de 2001. Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Urrutia, Maria Isabel". Banco de la República. 1 de febreiro de 2001. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2017. Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ "Medallistas colombianos en la historia". 31 de outubro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 SILVA, MAURICIO (20 de setembro de 2015). "'Esa medalla era para mí. Me la habían guardado'". Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 "Discovery Channel filmó la vida de María Isabel". El País. 9 de xuño de 2003. Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2017. Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ 7,0 7,1 "LA NEGRA GRANDE". 1 de febreiro de 1995. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ "María Isabel Urrutia (Campeona olímpica)". 1 de xaneiro de 2001. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ 9,0 9,1 PRATT, TIMOTHY (3 de outubro de 2000). "SYDNEY 2000; A Gold Medalist's Plea for Peace" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2017.
- ↑ Rojas Gaitán, Karen Juliete (17 de decembro de 2016). "María Isabel Urrutia, la leyenda bañada de oro". Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ 11,0 11,1 "La negra grande de Colombia". 27 de novembro de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ Meluk, Gabriel; Briceño, Gabriel; Ascencio, Orlando; Quesada, Estewil; Rengifo, Lisandro (14 de outubro de 2009). "50 MOMENTOS INOLVIDABLES EN LA HISTORIA DEL DEPORTE COLOMBIANO". Consultado o 23 de xullo de 2017.
- ↑ "María Isabel Urrutia". 1 de setembro de 2011. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ "Coliseo Mariano Ramos, un atractivo pesado". 23 de xullo de 2013. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ "Escenarios Deportivos de Santiago de Cali". Alcaldia de Cali. 27 de outubro de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ "María Isabel Urrutia comentará los Olímpicos de Río". 13 de maio de 2016. Consultado o 19 de xullo de 2017.
- ↑ Matamoros, Germán (13 de xaneiro de 2008). "Una Medalla de Oro con curul". Consultado o 12 de xullo de 2017.
- ↑ "Caracol TV con 20 enviados a Juegos Olímpicos". 23 de xullo de 2012. Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2020. Consultado o 13 de xullo de 2017.
- ↑ Barona Torres, Olga Lucía (21 de xullo de 2012). "María Isabel Urrutia: Soy una mujer de peso pesado". Consultado o 19 de xullo de 2017.
- Nados en 1965
- Nados no departamento de Valle del Cauca
- Colombianos de ascendencia africana
- Atletas olímpicos de Colombia
- Halterófilos olímpicos de Colombia
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Medallistas olímpicos de ouro por Colombia
- Medallistas olímpicos en halterofilia
- Atletas nos Xogos Olímpicos de 1988
- Halterófilos nos Xogos Olímpicos de 2000