María Jamardo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | política |
María Jamardo Carballo, nada en Pontevedra en 1979, é unha política e periodista galega especializada en análise política.[Cómpre referencia]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formación
[editar | editar a fonte]Licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Salamanca, que completou con cursos de Dereito nesa universidade. Despois especializouse en mercadotecnia, tanto a nivel formativo como profesional, e en 2009 estableceu a súa propia axencia de mercadotecnia e publicidade.
Carreira política
[editar | editar a fonte]Afiliada a Sociedad Civil y Democracia, encargouse de coordinar a campaña electoral desa formación nas Eleccións autonómicas de 2012, onde o SCD obtivo 16.000 votos. En abril de 2013 foi designada líder da formación en Galicia. Presentouse ás primarias de SCD para substituír o fundador do partido, Mario Conde, e foi elixida presidenta da formación a nivel estatal en setembro de 2013.[1] Non obstante, dimitiu en febreiro de 2014, ante o perigo de inminente disolución do seu partido.[2]
Polémica
[editar | editar a fonte]En 2022 afirmou, respecto ás tropas nazis que bombardearon Guernika: "Nin o que bombardeou era malo nin os bombardeados eran tan bos".[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Vive a cabalo entre Vigo e Madrid. Ten dous fillos.[Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "María Jamardo asume la presidencia de SCD". scd.es (en castelán). 9 de setembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 14 de xaneiro de 2014.
- ↑ Punzón, Carlos (6 de febreiro de 2014). "Dimite la gallega María Jamardo como presidenta del partido de Mario Conde". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2024.
- ↑ Méndez, Marcos (6 de abril de 2022). "María Jamardo, en 'Ya son las ocho' sobre Gernika: “Ni el que bombardeaba era malo ni los bombardeados tan buenos”". eldiario.es (en castelán). Consultado o 28 de maio de 2024.